Sorteo: libro de OQO editora

O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico

Queremos celebrar con vós o Día do Libro Infantil e Xuvenil e coa colaboración da editorial galega OQO editora sorteamos un dos seus libros. Porque en OQO propóñennos novas formas de mirar e de mirarnos e cos seus libros invitan aos nenos a soñar, a reflexionar e a disfrutar das ilustracións e das palabras.

Queremos que todos os nenos podan soñar coa maxia dos libros e dos contos e por iso hoxe presentámosvos a Perico, o protagonista do libro que sorteamos: O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico.

O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico

Perico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Ao cantar o galo, saltou da cama e, un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes, e saíu correndo. Pero… ai! chegou tan tarde que xa se foran todos. E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio! O primeiro día de colexio é sempre un momento importante para os máis pequenos, unha nova aventura na que se combina a expectación, o nerviosismo, o afán por descubrir tantas cousas novas… Nesta historia, Perico está ansioso por aprender, pero non é quen de organizar a súa loxística diaria (vestirse, lavarse, calzarse…) para chegar a tempo á escola.

O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico

O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico

Diante da dificultade, o pequeno cempés decide pedirlle axuda á gata e á araña que, malia lle daren sabios consellos, non conseguen resolver o problema. Finalmente serán as formigas, nas que Perico non confiaba nun principio, as que lle axuden a atopar a solución.

Unha historia de superación, de crecemento persoal e chea de humor e optimismo.

Se queredes conseguir este magnífico libro, recomendado para nenos e nenas maiores de 3 anos, tan sò tedes que:

1.- Ser seguidores de OQO editora en Facebook

2.- Ser seguidores de lamariola.es en Facebook

3.- Escribir un comentario nesta entrada contándonos por qué credes que a lectura é importante para os nenos (incluíndo o voso nome e un apelido). 

O sorteo comeza hoxe 2 de abril e podedes participar ata o día 14 de abril. Comunicaremos o nome do gañador ou gañadora o 15 de abril a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s! 

Moita sorte a tod@s!!!

 

68 Comentarios

  1. Me encanta fomentar la lectura en mi hija porque es la base del hábito y el amor por el aprendizaje futuro. Nos encantaría este de OQO!!!

  2. Son tantos los beneficios que la lectura aporta a los niños! me quedo con el vínculo de unión que se crea al leer cuentos a nuestros peques en voz alta, el desarrollo de su imaginación, la capacidad de eschuchar, de atenter, de concentrarse, es una maravilla!

  3. Me encantaría disfrutar de este libro con mi peque, la importancia de ls cuentos en la iniciación a la lectura es enorme!

  4. La lectura es fundamental para Mejorar el vocabulario y la expresiòn de nuestros hijos. Pero sobre todo la lectura permite vivir innumerables aventuras sin movernos del sillón, fomenta la imaginaciòn… Y si nosotros como padres nos hacemos partícipes en el fomento de la lectura crearemos un vínculo muy especial con nuestros hijos… Existen mejores razones para leer todos los dias con ellos?

  5. los cuentos son importantes porque les enseñan cosas del dia a dia a la vez que les deja volar la imaginación

  6. A lectura é moi importante ademáis de para tódolos fins educativos (ampliar o vocabulario, mellor comprensión, menos faltas de ortografía, etc…) , tamén lles fai pasar un bo rato e esperta a súa imaxinación.

  7. Lembro os grandes momentos que pasei de nena lendo, descubrindo, imaxinando, aprendendo. Creo que ler desenvolve a imaxinación e a intelixencia, ábrenos a porta á cultura e o coñecemento e axuda ós pequenos a crear a súa personalidade.

  8. Porque coa lectura tanto os nenos, coma os maiores, descubrimos novos mundos, e exercitamos a imaxinación. Esta axuda a compresión lectora e, sobre todo fainos soñar.

  9. Importante en moitos aspectos do aprendizaxe dos nenos (vocabulario, aprender a escribir correctamente sen faltas de ortografía, etc) pero sobre todo desenvolve a súa IMAXINACIÓN.

  10. Os contos son unha forma de vivir mil aventuras sen moverte do sitio, de ser un can, un gato,un lobo feroz que non da comido nada, aprender a porqué temos embigo e a superar os nosos medos… vivir tantas aventuras coma contos poidamos ler e disfrutar.

  11. A lectura é fonte de imaxinación, de entretemento, de adquisición de vocabulario e de formas de linguaxe, de creatividade, de ocio, … que mais se pode dicir, nos libros está todo, “todo un mundo por decubrir”.

  12. A lectura é o medio onde poden dar sentido a súa imaxinación, pensar, interpretar, relacionar e viaxar polas historias dos seus soños e polas aínda non soñadas

  13. Poder contar contos a un neno é transportalo a un mundo inmenso e gratuito que é o mundo da imaxinación.grazas.

  14. Acho que a lectura é importante para as crianzas porque axuda a estimular, sobretodo, a imaxinación e, normalmente, a literatura infantil ten unha finalidade didáctica.

    Íria Fernandes Moscoso

  15. Para nós a lectura é moi importante, principalmente para o desarrolo da súa imaxinación, para o enrequecemento do seu vocabulario, para a aprendizaxe de moitos conceptos, hábitos de forma amena e divertida…, primordial para os nenos e non tan nenos 🙂

  16. Ola, son a encargada da biblioteca do meu cole. A lectura e os libros son algo fundamental na miña vida e intento transmitir este amor aos nenos e nenas que me rodean. Creo que o consigo!!! Encántalles ler O porque??? Non o sei, por que si, porque lles gusta e punto!

  17. O mellor da lectura e que axuda os pequenos a desenvolver a sua imaxinacion. A miña nena inventa historias alternativas para cada conto!

  18. Lembro unha fermosa frase que o dí todo: “quen sabe ler e non o fai, non ten ningunha vantaxe frente ao que non sabe ler”. O meu pitufo escoita con moita atención, confío en que en canto aprenda a ler, en breve, o disfrute tanto coma nós.

  19. Mi sobrina está aprendiendo a leer y me encantaría compartir esos primeros momentos con ella y este libro.

  20. É dificil engadir palabras novas aos comentarios anteriores, subscribo todos e resalto a MAXÍA e o VÍNCULO AFECTIVO que se establece entre o neno e a persoa adulta que conta un conto. A editorial OQO fai un estupendo traballo enfocado á literatura infantil e ten unha ampla gama de títulos adicados que fan a ledicia das máis pequenas e pequenos!! Grazas

  21. Pouco máis se pode engadir simplemente a iniciación a lectura en idades tempranas favorece a imaxinación, expresión de sentimentos e emocións a través dos diferentes historias, abre a porta a un mundo de novas aventuras…

  22. Enseñarles a nuestros hijos el placer de la lectura es ayudarles a crecer dándoles alas para volar. Un gran regalo en la era de la tecnología: un cuento mágico o un libro fascinante y ¡a surcar las letras!

  23. Coa lectura fomentamos a imaxinación, enriquecemos vocabulario, creamos, nos emocionamos, vivimos experiencias novas e diferentes e miles de cousas que se me poderían ocurrir. Un dos momento favoritos do meu fillo e cando nos sentamos a leer contos e tanto el coma eu disfrutamos moitísimo.

  24. Ola Mariolas!!!os contos axúdannos a educar os nosos fillos, aprendéndolles a controlar os seus sentimentos, emocións, activan a súa intelixencia emocional e imaxinación, ao mesmo tempo que podemos disfrutar dun momento de ocio. Oqo fai moi ben o seu traballo, somos partícipes das suas aventuras diariamente como algo cotiá das nosas vivenzas. Bicazos

  25. Todos sabemos de la importancia de inculcar la lectura desde la más tierna infancia. Ver como tus alumnos se emocionan cuando llega la hora del cuento y abren los ojos como platos esperando a ver cual toca es increible, pero que tu sobrina de 3 años ponga una sonrisa de oreja a oreja cuando te ve con uno en la mano y acabe las frases, no tiene precio.

  26. A lectura é importante porque nos axuda a imaxinar, a aprender, a ensinar, a calmarnos cando temos medo ós monstros ou á escuridade e a facernos botar gargalladas e rir con tódalas personaxes que vos poidades imaxinar. Tamén a que a lúa se leve o noso chupete ou a querer usar o orinal como ratón, a que hai que soprarlle á sopa quente ou que hai que compartir o biscoito co gato pelado aínda que non nos guste moito. Os contos pódenos axudar facendo un pouco máis fácil ensinar o que pensabamos que era instintivo e que resulta que hai que aprender, ou o que nós non sabemos e temos que ensinar. Pero o mellor é cando aínda sen saber ler ves a cara de felicidade da túa filla porque está contándome a mín un conto de pe a pa ¡qué memoria teñen os nenos!

  27. Leer… elplacer de vivir mil vidas, conocer lugares lejanos e irreales, la experiencia ajena se convierte en vida propia a través de la lectura, y los niños aprenden cosas que no han vivido viviendo las aventuras de los que viven en la jungla blanca y negra de la literatura…

  28. A mi hija le encanta que le lean cuentos, y ya se los sabe todos de memoria. Este sería una novedad preciosa!!

  29. O primeiro dar as gracias a LA Mariola por facernos mais facil a vida os pais e nais, e por creo que a lectura e importante? As razons son moitas:
    EStimula a imaxinación, Aumenta o vocabulario, Desenvolven a intelixencia, Axúdanos a combater os propios temores ao identificarse cos protagonistas.
    E sobretodo un bo libro é sempre unha boa compañia.

  30. Desexando ter un conto novo para a miña filla…Agora vivimos lonxe e ter un novo libro en galego será unha boa oportunidade para seguir en contacto con a súa terra!!

  31. A lectura é importante para o neno porque permite alentar a nosa imaxinación, crear novos mundos na súa mente e entrar en contacto co noso idioma ou con outros.

  32. a lectura agudiza o inxenio e dalle ás á imaxinación… axuda a evadirse da vida cotiá, coñecer outros mundos, e ampliar os coñecementos en moitas materias… hai algo mellor para os nosos rapaces?

  33. A lectura é importantísima nos nenos porque senta as bases dos futuros lectores. Poida que a pesar de que ti insistas e obrigues aos teus nenos a ler, a eles non lle guste, pero logo de maiores acaba por gustarlles porque pouco a pouco os libros engánchante e abren a túa mente de tal modo que non podes prescindir deles, porque os mamaches de pequeno.

  34. Necesita máis un neno ca un libro e o seu maxín? Con editoriais como OCO créase unha nova forma de entender a ilustración infantil de calidade.

  35. Gustaría e participar Nestlé sorteo, xa que os libros de esta editorial parece me fascinantes.

    Un saudo

  36. Lo quiero para que mis hijos escuchen también historias en gallego y se acostumbren a leer un poquito cada día

  37. A lectura axuda aos nenos en tódolos ámbitos do seu desenvolvemento (tanto creativo, persoal, afectivo..); en particular o meu pequeno adora as ilustracións, aprende cores, formas, sentimentos unha morea de cousas. Ademais os momentos de lectura, debido a súa idade(2 anos), son momentos relaxantes nos que desfruta xunto con nos, os seus pais. Adora ler un conto antes de durmir.

  38. Estimula os sentidos….abre as portas a imaxinacion….acheganos a outros mundos…abre as mentes…enchenos de emocions….

  39. La lectura abre un mundo nuevo a los niños. Mi niña de 5 años esta aprendiendo a leer y su hermanita va, como Perico, empezar el cole “de los mayores” en septiembre. A las dos les encanta que les lean cuentos…

  40. A lectura é importante en todos non só nos nenos/as, pero se lle fomentamos a lectura dende pequenos despois cando sexan grandes seguirán lendo.
    O que se consegue coa lectura é abrir a imaxinación a un mundo novo, adquirir novos coñecementos, relaxarse,… en fin un montón de cousas positivas.

  41. La lectura es muy importante, nos ayuda a trasladarnos a otros mundos, y estimular la imaginación. A mis hijos les encantan los cuentos.

  42. Os libros son un instrumento fabuloso para unha permanente formación intelectual, moral afectiva e estética dos nenos e nenas. Son unha porta á fantasía con infinitas vantaxes: enriquecen o vocabulario, perfeccionan o coñecemento ortográfico, espertan a imaxinación, potencian o nivel de concentración,…

  43. Ola a todos. Desde que o meu fillo naceu tódolos días collín a rutina de lerlle un conto, recordo que tiña meses e a xente me decía que estaba tola, pero non, o meu corazón me decía que fixera así. Sempre a lectura destes contos foi un momento máxico, tenro, cheo de sentimentos: ledicia, tristeza, sorpresa,… Hoxe, o meu fillo ten oito anos, seguimos a ler tódolos días xuntos, as veces eu, outras veces el, pois agora compartimos moito máis. Sei que os nenos que len son nenos que teñen máis vocabulario, máis imaxinación, máis alas, non cometen tantos erros gramaticales nin orales,… A min, como adulta que son a lectura me proporciona moitas cousas fantásticas, pero quizáis unha das cousas a cal lle dou máis valor que me aporta a lectura é a liberdade. Para min ler me fai libre, me impide ser unh ovella máis do rebaño, que non pode pensar diferente dos demáis, que non pode ter a sua propia personalidade. Eso exactamente o quero para o meu fillo, quero que sexa unha persona que pense por sí mesmo e non polo que nos dí a televisión ou polo que “queiran que pensemos”. Quero que sexa libre.
    Me encantaría que me tocara este libro de OQO, pois é unha das miñas editoras preferidas, podo citar numerosos libros deles que temos nas nosas estanterías, pero vou dicir sómentes un que limos unha e outra vez, que escenificamos, que contamos en contacontos e que sempre que o lemos nos fai felices, o título é “Corre, corre, Cabaciña”.
    Sorte a todos.

  44. Péchase a participación neste sorteo.
    Maña coñeceremos o nome do gañador ou gañadora a través de Facebook e Twitter así que estade moi atentos!
    Moita sorte a todos e que gocedes da lectura cos vosos rapaces!

Escribe un comentario