Sorteo Día do Neno con OQO editora

Sorteo Día Internacional do Neno con OQO editora

a sombra dos anacardios oqo editoraPara celebrar este día tan especial quixemos facer un sorteo tamén especial con OQO editora. Porque os seus libros e as súas ilustracións nos axudan a reflexionar, a soñar e a mirar dende diferentes perspectivas. Neste Día Internacional do Neno non podiamos atopar mellor libro para sortear entre tod@s vós que Á sombra dos anacardios.

No seu compromiso cos temas sociais OQO editora amósanos neste libro o grave problema da SIDA en Guinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil. A mortalidade infantil, causada por esta desatención en saúde, é moi elevada no país: de cada mil nados vivos, 105 bebés morren antes de cumprir un ano.

En Á sombra dos anacardios hai lugar para a esperanza. O conto transmítenos a capacidade dos nenos de Bissau de seren felices, a pesar do oprobio económico e a enfermidade. A pequena protagonista ten un refuxio: o anacardio. As súas cores verde, amarelo e vermello intensos… espalladas por todo o álbum reforzan a mensaxe optimista da historia.

Se queredes conseguir este magnífico libro tan só tedes que:

1.- Ser seguidores de OQO editora en Facebook

2.- Ser seguidores de lamariola.es en Facebook

3.- Escribir un comentario nesta entrada contándonos por que vos gustaría conseguir este libro (incluíndo o voso nome e un apelido). 

O sorteo comeza hoxe 1 de xuño e podedes participar ata o día 16 de xuño. Comunicaremos o nome do gañador ou gañadora o 17 de xuño a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

Moita sorte a tod@s!!!

a sombra dos anacardios

 

 

 

29 Comentarios

  1. Ola!Gustaríame entrar no sorteo do libro “Á sombra dos anacardios”, por varias razóns. A principal é que me encantan os libros, e sobretodo, os infantís, xa que son mestra, e os libros son a miña principal ferramenta de traballo. Ademáis teño un afillado pequeno, co que me gustaría compartir este agasallo.

    Moitas gracias.SABELA

  2. Gustaríame conseguir este conto porque ademáis de que esta editorial me gusta moito, este libro paréceme moi interesante.

  3. Porque creo que este libro nos ayuda a explicar a los peques temas difíciles, pero siempre con un trasfondo de esperanza.

  4. hola!
    gustaríame ter este libro porque traballo con nenos e nenas de curta idade e por experiencia os libros que tedes son moi bos e lles chama moito a atención os pequenos e pequenas. Ademais sempre se quedan con cousas que lles les e aprenden moito. Este libro serviría para darlles unha nova historia e facerlles ver que non todo o material importa.

  5. Ola,

    Porque na casa, nos encantan os libros, sobre todo os contos.
    É unha delicia, poder contar cunha editorial, ademáis de que, está en galego, tamén ten contos cos que é moi fácil, explicarlles cousas difíciles aos nosos nenos.
    Grazas a OQO e, grazas a Lamariola, por acercarnos a estes contos.

  6. ola mariolas!!!!para a miña pequecha, os contos forman parte da nosa vida, e OQO é das nosas editorais favoritas

  7. Acho que é importante que as crianzas tamén coñezan algúns dos grandes problemas que existen noutros países a través da literatura.

  8. Ola, gustaríame conseguir este libro por varias razóns. A primeira porque fala de valores. A segunda, porque a semana pasada descubrimos na biblioteca “Chocolata” e ó meu neno chamarónlle a atención as persoas de cor que nese libro, coma neste, aparecen. A terceira razón, moito máis prosaica, é que é de balde. Un saúdo

  9. Encantanme os libros que me axudan a explicarlle a miña filla,dunha maneira relaxada, os problemas que hay que afrontar nesta vida.Ensinandolle a empatizar co proximo.Gracias

  10. Gustaríame conseguir este libro porque non o coñezo e estou segura que será unha boa lectura para a miña familia

  11. Un libro sempre é un sorteo perfecto e no dia das nenas e dos nenos non o è menos.
    E Oqo è garantia de boa escolla

  12. Me encanta leer junto a mi hija cada noche antes de dormir, y nos encantan los cuentos de OQO.

  13. Sorteo finalizado! Mañá comunicaremos o nome do gañador ou gañadora, moita sorte a tod@s e graciñas por participar!!!

Escribe un comentario