Sorteo Día da Nai con OQO editora

Sorteamos o libro É o meu aniversario

Neste Día da Nai queremos celebrar con vós o bonito que é compartir lecturas e contos cos máis pequenos e coa colaboración da editora galega OQO editora sorteamos un dos seus libros. É o meu aniversario é un libro de Conto Cinco Sentidos da colección nanOQOS, onde desde a mirada dun bebé coñecemos a inocente e divertida aventura de descubrir sensorial, emocional e afectivamente o mundo que o rodea.

OQO_DÍA DA NAI

Pasar de cumprir meses a celebrar o primeiro aniversario é todo un acontecemento, do que o protagonista nos fai partícipes a través do tacto. Este sentido é o que guiará o neno no coñecemento de sensacións. Texto e imaxes mostran que se trata dun día especial: hai caricias, bicos, torta e o primeiro agasallo; con el, tamén, o primeiro sentimento de amizade… Un libro recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Queredes conseguir este conto para os máis pequenos da casa? É moi sinxelo! Para participar tedes que:

1.- Ser seguidores de OQO editora en Facebook

2.- Ser seguidores de lamariola.es en Facebook

3.- Escribir un comentario nesta entrada contándonos por que vos gusta este libro (incluíndo o voso nome e un apelido). 

O sorteo comeza hoxe 5 de maio e podedes participar ata o día 19 de maio. Comunicaremos o nome do gañador ou gañadora o 20 de maio a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

Moita sorte a tod@s!!!

36 Comentarios

  1. Non só é este o libro que me encanta, encántanme tódolos libros do OQO, son xeniais, especiais, diferentes,… todo un éxito.

  2. Lo necesitamos, lo necesitamos, lo necesitamos… Jejejejeje…. Roi esta deseoso de qir se lo leean… Besitos lamariola!!

  3. Porque todos os contos de OQO son estupendos e seguro que este mostra toda a ilusión que teñen os nenos e nenas no seu aniversario.

  4. Porque es la mejor manera de que se empiecen a interesar por los cuentos, no sólo están atentos a la historia que alguien les cuenta, sino que a través de los dibujos y el tacto son capaces de meterse en la historia de lleno.Una vez más, una genialidad de OQO.

  5. Que mellor agasallo que un conto,xa que é un dos transmisores de valores, de sentimentos, emocións! a veces unha simple imaxe di moito máis que mil palabras, tal e como se nos amosa na imaxe do encabezamento de esta entrada! Moitas grazas!! Saúdos.

  6. É importante incentivar á leitura xa desde o principio para comezar a estimular os sentidos e a imaxinación.

  7. Porque escasea a literatura adaptada a esa idade (0-3 anos) e que conte historias desde os sentidos. Ademais, valoro que a lingua empregada sea o galego.

  8. Nos encantan os contos d OQO, nos parece ideal para sembrar ese momento tan especial cuando soplou a sua primera vela. Bikiños

  9. ¡¡Porque os aniversarios gústanlle a tódolos nenos, e hai que estimular os sentidos dos nosos nenos!! Ademais, encantanos OQO.

    Patricia Montero

  10. Gústame iso de que traballe a estimulación sensorial e que sexa para pequechos de 0 a 3 anos porque teño unha meniña que vai cumprir 2 aniños. Podería ser un bo agasallo polo seu aniversario!

  11. Porque cunha ilustración tan expresiva e unha historia tan próxima será unha delicia contarllo aos pequechos

  12. Aos peques do meu cole encántalles descobrir novas historias nos contos… así que cruzaremos os dedos para ter sorte e poder desfrutar desta nova aventura!!!

  13. Para Darío, o meu pequeniño, que co sei aniño xa quere comezar a descubrir o mundo dos contos. E para Iván, que adora ese intre de soñar esperto con mamá.

  14. Gustaríame conseguilo para contarllo aos meus alumnos. Os da colección dos cinco sentidos encántalles e os de Caracol e vermiño tamén. Fáltanos descubrir este da colección nanOQOs.

  15. parabens a OQO galego polo seu aniversario, espero poder disfrutar das suas maravillosas edicións por moitos anos.

  16. ola mariolas!!!!todo o que fai OQO está ben feito, gustaríanos ter este libro, sarela máis eu somos grandes lectoras

  17. Porque a miña meniña esta a puntiño de cumplir os 3 anos. Porque lle encanta que lle lea contos. Encantannos os libros de OQO.

Escribe un comentario