Sorteo de OQO editora no Día dos Avós

Sorteo de OQO editora no Día dos Avós

teño medo oqoHoxe celébrase o Día dos Avós e OQO editora volve a sorprendernos con libros cheos de encanto, de valores, de coñecemento e de bonitas ilustracións para abrirnos os ollos a pequenos e maiores.

Os avós dan esa seguridade que precisan os máis pequenos e poderedes descubrilo no libro Teño medo! As preguntas e os medos do neno protagonista e as respostas pacientes e cheas de inventiva e humor do seu avó móstrannos unha tenra historia sobre a superación dos medos. Os maiores aprenderedes que debemos axudar a combatelos, sen caer na sobreprotección, mantendo sempre a calma, con medidas imaxinativas e resolutivas para superar complicacións.

Seguro que queredes coñecer esta bonita historia e grazas a OQO editora sortearemos este libro. Para conseguilo tan só tedes que:

DÍA DOS AVÓS1.- Ser seguidores de OQO editora en Facebook

2.- Ser seguidores de lamariola.es en Facebook

3.- Escribir un comentario nesta entrada contándonos por que queredes este libro (incluíndo o voso nome e un apelido). 

O sorteo comeza hoxe 19 de xuño e podedes participar ata o día 3 de xullo. Comunicaremos o nome do gañador ou gañadora o 4 de xullo a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

Moita sorte a tod@s!!!

 

 

 

29 Comentarios

  1. Pois gustaríame ter este libro porque unha historia de avós é sempre unha boa historia, forman parte fundamental da vida dos netos, quen ten un avó, ten un tesouro.

  2. Gustaríame terno libro porque os meus avós foron e sin moi importantes para min, e querería transmitir este sentimento.

  3. Encantame a relación dos nenos cos avós, fomemtar esa unión e facer de esa relación algo especial, que lles dure na lembranza para sempre. É unha axuda mutua, uns para rexuvenecer e os puros para aprender moitas das cousas q o lomho da sua vida seranlles moi utiles

  4. sería un gran regalo para mi sobri, que tiene la suerte de tener cuatro abuelos y una bis que lo adoran!!!

  5. Ya soy seguidor de los dos en el facebook porque saco montones de ideas buenas de vosotros, gracias! Y si además conseguimos este precioso libro sería genial!!!!

  6. Nos guatan moito os contos, especialmente os de OQO. O do sorteo non o temos e nos encantaria facernos con un.
    Moitas grazas.

  7. Cando vin no facebook o cartaz do día dos avós con esa imaxe.. lembreime do conto que estades a sortear porque está na nosa lista de libros pendentes para Xacobe!! Estaríamos encantados de recibir un agasallo na nosa casa. E sobretodo participando neste día tan especial.
    Un bico enorme a tódolos avós e bisavós que tanto axudan aos pais, e canto aportan aos pequenos.

  8. Me gustaria este libro porque a mi hija le encanta que le lea muchos cuentos y si ademas es un libro que habla acerca de los miedos pues seria genial porque mi pequeña de 3 años es muy temerosa y seria de gran ayuda para ella.

  9. Queremos este libro porque nos encanta ler un cada noite cando imos durmir e, en xeral, un libro de OQO editora é un acerto.

  10. Porque hoxe en día sin os avós, non somos nada.. Son un apoio moi grande para as familias que están a comezar unha nova vida. Con este conto ensinamoslles, o importantes e imprescindibles que son para nos, estas persoas.

  11. Mi hija de tres años y yo estamos buscando nuevos libros que leer antes de ir a dormir y este sería una buena opción para ahuyentar los miedos nocturnos.

  12. Para lerllo tanto aos meus fillos coma aos seus avós. Ou mellor pensado que o meu fillo maior, que xa sabe ler, que llo lea aos seus avós.

  13. Porque nos encanta ler contos polas noites, e sería o primeiro cunha historia de avós, Aroa adora os seus avós, pero os temos lonxe, e sería ideal para cando pregunta por eles :-). Que boa ídea¡¡¡Graciñas por todas las cousas que descubrimos con vós.

  14. Porque os nosos nenos comenzan a disfrutar da lectura no noso regazo e un libro e sempre benvido na nosa casa 🙂

  15. Me encantaría tener el libro porque cuando te empiezan a preguntar cosas con el pánico en sus ojos nunca sabes si estas acertando o no. Y a través de los cuentos es lo mas adecuado para acertar.

  16. Ola a todos, encantáme o voso traballo.Gústame este libro porque paréceme importante traballar os medos dos nenos,é os contos son unha ferramenta ideal!! Son Paula Fernández, Pau Rico Fernández.

  17. Porque a temática deste libro é unha realidade e así coa axuda dos contos sempre se lles fai todo máis doado.

  18. gustariame que a miña filla tivese este libro, pois adora os libros e tamen adora os seus avos

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.