XVI Mostra de Teatro de Rúa en Ourense I

XVI Mostra de Teatro de Rúa en Ourense I

O teatro, os tíretes e a música serán os protagonistas da XVI Mostra de Teatro de Rúa que se celebra en Ourense, coincidindo coas festas da cidade. Os días 28 e 29 de xuño haberá distintas sesións dirixidas aos máis pequenos.

A rúa das pantasmas

28 de xuño | 12 horas

RÚA DO PASEO en Ourense Como chegar

a_rua_das_pantasmasTrátase dun espectáculo infantil da compañía Títeres Alacrán. Xoanciño e María enfróntanse ás pantasmas e o mesmísimo demo. Ocorre que a casa de María está sendo visitada por estas tenebrosas figuras e só co enxeño de María e as picardías de Xoanciño conseguirán vencelas e desenmascaralas.

O ferreiro e o diaño

28 de xuño | 20 horas

XARDÍNS DO PADRE FEIJÓO en Ourense Como chegar

o_ferreiro_o_diano

A compañía Títeres Alacrán presenta un espectáculo infantil, O ferreiro e o diaño. É unha obra que achega ao espectador á historia do Tío Miseria, un relato clásico e universal sobre a traxedia do home que vendeu a súa alma ao demo. Mestura marionetas de fíos e siluetas e baséase na adaptación que fixeron da lenda os autores brasileiros Tiarajú Gómes e Camilo de Lelis.

Run Run Xogos e Enredos

28 de xuño | 18.30 horas

PRAZA DE SAN MARTIÑO en Ourense Como chegar

Logo_A_RUN_RUN

Miró, Picasso e Gaudí serán os artistas inspiradores dos nen@s que participen nesta actividade. Coa súa axuda crearán as súas obras de arte con diversos materiais como pasta de sal, pintura, plastilina, papeis de cores e purpurina.

Podedes consultar o programa completo.

¡Compártelo!
Artículo anteriorDoctores Sonrisa en Galicia
Artículo siguienteAvifauna en Lugo

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.