Elefante Elegante

A súa linguaxe teatral engaiola a pequenos e maiores. Crean pezas únicas cunha sensibilidade especial. Os seus espectáculos son o resultado dun longo e minucioso traballo de creación. Son Elefante Elegante e conversamos coa actriz María Torres sobre o teatro, o público infantil e a compañía…

Por que é tan importante o teatro para os máis pequenos? Que lles aporta?

Creo que lles aporta unha visión da realidade que lles fai darse conta de cousas que pasan na sociedade, reflexionar sobre sentimentos, sobre situacións familiares nas que poden verse reflexados (igual que o adulto), pero cunha linguaxe escénica, visual e narrativa diferente. Emocionarse e sentir que teñen espacio para esa emoción. Ás veces algúns nenos poden sentir vergonza de sentir tristura ou indignación e no teatro teñen ese espazo para vivir esa catarse e logo vehiculizalo coas nais e os pais na casa ou cos mestres se é unha función escolar.

Aumenta a súa sensibilidade sobre cuestións vitais  do mundo dende o amor, o abandono, a amizade, problemas da natureza… Isto faráos seres humanos máis completos e máis abertos á diferencia, con sentido crítico con respecto á realidade.

Que caracteriza os vosos espectáculos?

A nosa linguaxe visual argumenta a súa dramaturxia en diferentes elementos, non só no textual, de feito ás veces non hai texto, só hay onomatopeias e sons e palabras. Intentamos narrar a través de diferentes elementos visuais, o corpo, o movemento, a música, a manipulación de obxectos, sempre cun sentido do ritmo moi coidado, uonde cada segundo é fundamental. Sabemos a nosa pauta, como unha música, e podemos interpretala con moita liberdade.

Non nos gusta moralizar cos nenos, facemos preguntas, presentamos situacións, pero deixámolas abertas, sen querer colonizar a súa ideoloxía, sen xulgar as situacións, defendendo diferentes puntos de vista… isto é fundamental cando pensamos nunha creación.

Estes son os seus espectáculos en cartel:
Danza da Choiva

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a Danza da choiva, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. Danza da choiva trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual. Os seus efectos cómicos, plásticos e oníricos advirten e divirten o público familiar e infantil.

PARA NENOS DE 3 a 8 AÑOS. 5adanzadachoiva2jpg
O Xigante  
Elefante Elegante presenta un espectáculo de pequeno formato. Unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.
PARA NENOS DE 3 a 8 AÑOS.
oxigante_elefanteelegante
Lobo bobo

Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música. Un espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís.

PARA NENOS MAIORES DE 3 AÑOS.
lobobobo_elefanteelegante2
Nuncabunga

Premio María Casares Mellor espectáculo 2013. Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Un día de tempestade aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán eles capaces de chegar a un acordo?

PARA NENOS MAIORES DE 3 ANOS. 5
nuncabunga_elefanteelegante
Tristán cara de can

É unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción. Os temas da soidade, do abandono e da tristeza son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua.

PARA NIÑOS DE 2 a 12 ANOS. 55
tristan_elefanteelegante
circuloscoloresPRÓXIMAS FUNCIÓNS
  • O XIGANTE: 17 de decembro | 12 horas | Biblioteca Municipal Gonzalez Garcés de A Coruña
  • O XIGANTE: 17 de decembro | 18 horas | Teatro del Andamio en A Coruña
  • O XIGANTE: 18 de decembro | 12 e 18 horas | Teatro del Andamio en A Coruña
  • DANZA DA CHOIVA: 30 de decembro | 20 horas | Teatro Lauro Olmo do Barco
  • DANZA DA CHOIVA: 7 de xaneiro – 19 horas e 8 de xaneiro – 18h | Salón Teatro de Santiago
  • DANZA DA CHOIVA: 29 de xaneiro | Auditorio Municipal de Cambados
  • DANZA DA CHOIVA: 25 de marzo | Cine Alovi en As Pontes
  • TRISTÁN CARA DE CAN: 12 de marzo | CDAT en Santander
  • O XIGANTE: 1 abril | Sala Gurugú da Coruña

 

*** ESTREA do novo espectáculo TROPICAL (para nenos maiores de 12 anos) os días 17 e 18 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ***

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.