Cidade en movemento

Cidade en movemento

Cidade en MovementoA Cidade da Cultura en Santiago de Compostela poráse en movemento o día 21 de xullo cun completo programa de actividades para os nen@s. Hip hop, graffitis, skate e exhibicións, xogos e obradoiros nunha xornada de deporte e cultura urbana dirixida a toda a familia.

Haberá ademais unha zona infantil con divertidos xogos como un circuíto de minikarts e outro de Fingerboard ou unha táboa de surf mecánica.

Rap e Rimas

Trátase dun obradoiro impartido por El Puto Coke onde os nen@s poderán compoñer cancións, aprender a rimar, así como crear textos a partir dun tema e nocións básicas de programación e composición de bases de rap. É necesario reservar praza para poder participar. 12:30-13:30 | 18:30-19:30. 

Somos ritmo

Trátase dun obradoiro impartido por un dos ex integrantes da compañía Mayumana, Ramiroquai, que lles ensinará aos participantes o divertido que é facer ritmo co corpo ou con calquera outro elemento da vida cotiá. Perfecto para todas as idades. É necesario reservar praza para poder participar. 17:00-18:30

Skate Minicamp

Os nen@s poderán achegarse ao monopatín a través deste taller no que aprenderán  os trucos do skate cun rider profesional: Danny León. É necesario reservar praza para poder participar. 12:30-13:30 | 18:30-19:30

Graffiti

Trátase dun taller de ilustración impartido polo vigués Anthony. Os nen@s aprenderán a utilizar os rotuladores a través de diversas e divertidas técnicas. É necesario reservar praza para poder participar. 13:30-14:30 | 20:00-21:00

Break Dance

Os participantes neste obradoiro poderán coñecer aos integrantes de Black Shadow Crew e as técnicas para ser un bailarín de break dance. É necesario reservar praza para poder participar. 13:00-14:00 | 17:00-18:00

Olimplaff

A compañía Yllana Teatro interpreta este espectáculo infantil cheo de humor e basado nas Olimpíadas con tres atletas que compiten facendo uso de todo tipo de tretas e artimañas para tentar chegar ao máis alto do podio. É necesario reservar praza para poder participar. 18:00-19:30

Dirixidos a: nen@s a partir de 6 anos

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

21 de xullo | dende as 12.30 horas

Para máis información e reservas podedes consultar a web ou chamar ao teléfono 881 997 565.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.