Bibliopiscinas en Ames e Bertamiráns
As bibliopiscinas están de moda dende xa hai anos en Ames e Bertamiráns. Alí, durante os meses do verán, os libros e os xogos das salas infantís das bibliotecas deixan as estanterías para colarse nas piscinas. É o programa Móllate na lectura onde os libros se combinan con actividades de contacontos, talleres e xogos para os máis pequenos.
As piscinas de Milladoiro e Bertamiráns e a área recreativa de Tapia contan ata o mes de setembro con este orixinal servicio onde os nen@s de todas as idades poden seguir disfrutando da lectura ao aire libre.
Dirixidos a: nen@s de ata 12 anos
Ames Cómo chegar
Xullo, agosto e setembro | De luns a vernes | De 16 a 20 horas
Para máis información podedes chamar aos teléfonos 981 884 829 ou 981 530 807 ou escribir ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.org