Pequeclassics na Cidade da Cultura

Pequeclassics: O ritmo da rúa

pequeclassicsA segunda edición de Pequeclassics continúa cos concertos e espectáculos para achegar aos nen@s á música clásica e á ópera a través dos xogos e da diversión. O teatro e a música serán os protagonistas de O ritmo da rúa, do grupo Atacca. Marimbas, vibráfono, xilófono, batería, bidóns de gasoil, caixas orquestrales, bombos, conga, baixo eléctrico… son os instrumentos dunha obra na que hai dous mozos de bandas rivais. Unha delas está formada por instrumentos de percusión membranófonos e idiófonos de son indeterminado. A outra, por instrumentos de láminas de  son determinado. É unha historia de amor coa música como eixo central.

Dirixido a: nenos maiores de 6 anos

Duración: 50 minutos

BIBLIOTECA DA CIDADE DA CULTURA en Santiago Como chegar

23 de setembro | 12 e 17 horas

Prezo: 5,75€

Podedes comprar as entradas en Servinova.

Escribe un comentario