Danza da choiva de Elefante Elegante

Que acontecería se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Elefante Elegante cóntanos no seu novo espectáculo Danza da Choiva como o cambio climático está a transformar a realidade de moitas persoas en diferentes lugares do planeta.

É un espectáculo sen palabras que mestura o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. Cunha linguaxe corporal, visual e poética, xunto aos efectos cómicos, plásticos e oníricos, advirten e divirten o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

adanzadachoiva2jpgadanzadachoiva1Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal esparcidos polo espazo. Escoitase un galo cantar. Chegan dous personaxes. Recollen verduras da horta e semean cereais. Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove… O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto. Bailan unha Danza da choiva coa esperanza de facer chover. Choverá?

 

 

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Funcións:
    • 4 de novembro | 20 horas | Teatro Municipal de Tui (entradas: 3,5 e 2,5€)
    • 11 de diciembre | 17 horas | Casa da Cultura de Touro
    • 30 de diciembre | 20 horas | Teatro Lauro Olmo do Barco

Escribe un comentario