Espazo Lectura en Gondomar

En Gondomar está Espazo Lectura, unha asociación para o fomento e a animación á lectura en lingua galega que organiza actividades para os máis pequenos, pero tamén para adultos. Cada outubro abren a nova temporada de actividades para o curso. Contomar é a actividad coa que comezou a asociación e que agora se converteu en populares sesións de contacontos. Comeza tamén o Club de lectura compartida Lendo Contigo e as sesións na Casa da Lectura.

A Casa da Lectura é unha pequena biblioteca e un centro de actividades en torno ao libro e á lectura xestionado por Espazo Lectura e situado no ámbito rural que quere ser un espazo de promoción dos hábitos lectores e a cultura do libro.

Casa da Lectura Como chegar

Biblioteca Municipal de Gondomar Como chegar

Para máis información podedes escribir ao mail espazolectura@espazolectura.org.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.