Actividades infantís o Día da Biblioteca
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés celebra o día 24 de outubro o Día das Bibliotecas cunha xornada de Portas Abertas, con visitas guiadas á Biblioteca, ás 12 e ás 18 horas. Ademais durante o día, na entrada da biblioteca entregaránse aos usuarios uns números cos que poderán participar no sorteo dunha cesta con libros, vídeos e outras sorpresas.
Haberá tamén unha nova sesión de bookcrossing e continúa a campaña Eu amo as bibliotecas públicas contra os recortes nas bibliotecas e o apoio aos seus servizos. Os usuarios tanto adultos coma nen@s poden participar escribindo unha carta de amor á biblioteca.
Ás 19 horas presentaránse os libros infantís As aventuras de Toreto e O Purrusco dos bosques, editados por Glía Edición e Comunicación.
O día 27 de outubro ás 12 horas haberá unha sesión especial dos Sábados de Animación con A Xanela de Maxín e Os Contos do Titiriteiro.
BIBLIOTECA PÚBLICA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS na Coruña Como chegar