Babacontos con Manuel María

Babacontos con Manuel María son contos e poesías do poeta contados pola actriz Larraitz Urruzola. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, coñeceredes algunhas das súas poesías de Os soños na gaiola e o conto O bigote de Mimí. Os máis pequenos xogarán a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo da ciencia, dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.

  • Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos
  • Duración: 50 minutos
  • Próximas funcións:
    • 10 de maio | 13 horas | Auditorio de Baio en Zas
    • 11 de maio | 10.15 horas | Escola Unitaria de Visantoña en Mesía
    • 11 de maio | 12.30 horas | CPI Xanceda de Mesía
    • 12 de maio | 12 horas | Biblioteca As Neves
    • 12 de maio | 18 horas | El Corte Inglés de Vigo
    • 13 de maio | 11 horas  | CPI Ramón Piñeiro de Láncara
    • 13 de maio | 18 horas | Biblioteca de Foz
    • 14 de maio | 12 horas | Biblioteca de Chantada
    • 14 de maio | 18 horas | El Corte Inglés de Santiago

 

Escribe un comentario