A viaxe de Rosalía de gira

A viaxe e Rosalía é un proxecto teatral de monicreques, protagonizado pola actriz e titiriteira Larraitz Urruzola, que interpreta a Francisca do Campo, unha muller que leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro, a quen axudou a criar e con quen con compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables.

Esta fin de semana arranca a xira por toda Galicia de A viaxe de Rosalía, con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, data do nacemento da escritora galega.  Larraitz Urruzola válese da interpretación actoral, de monicreques de mesa de grande talla artística, da manipulación de obxectos e dunha música moi acaída e composta para este espectáculo no que se repasarán as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía de Castro e a súa obra literaria.

  • 17 de abril | 18 horas | Edificio Multiúsos de Santa Comba
  • 23 de abril | 19 horas | Auditorio Municipal de Vilamarín
  • 1 de maio | 18 horas | Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas
  • 7 de maio | 18.30 horas | Auditorio Municipal de O Rosal

 

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 45 minutos

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.