Xornada de portas abertas en Naturnova

Xornada de portas abertas en Naturnova no Día Mundial do Medio Ambiente

naturnova diamedioambienteO Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova de Vigo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha xornada de portas abertas na que o acceso ás súas instalacións será gratuíto. Poderedes descubrir en familia das súas propostas didácticas e os seus xogos ambientais para promover entre os máis pequenos un cambio de actitude e amosarlles a importancia de reducir os refugallos e evitar a perda de alimentos. O lema deste día é pensar, alimentarse e aforrar.

O centro está formado por tres salas de exposicións divididas en función da temática: o universo, a Terra e a variedade de seres que habitan o noso planeta, e os seres humanos e a relación que mantemos co medio que nos rodea. A importancia do aforro, do respecto polo medio e a aprendizaxe das medidas que contribúen a evitar a degradación do planeta son tres dos temas fundamentais que se analizan durante o percorrido polo centro.

8 de xuño | de 17.30 a 20.30 horas

Entrada grauita

NATURNOVA en Vigo Cómo llegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 120 089 o 986 120 088.

 

Escribe un comentario