Xornada de portas abertas en Campo Lameiro

Visita Campo Lameiro no Día dos Museos

O Museo de Campo Lameiro Parque Arqueolóxico celebra o Día dos Museos cunha xornada de portas abertas con visitas guiadas e obradoiros. A entrada ao parque será de balde para todos os visitantes e para os que queiran facer máis completa a súa visita terán obradoiros e visitas guiadas. Recoméndase reservar previamente xa que teñen aforo limitado.

parque campo lameiro

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre achegarávos á vida cotiá no tempo dos petróglifos, de maneira didáctica, lúdica e participativa con actividades como caza con arco ou con xavelina, fabricar vasillas de cerámica como as da Idade do Bronce, aprender a prender lume sen mistos nin chisqueiros, facer calcos de petróglifos como os arqueólogos… Unha oportunidade única para que os nenos disfruten descubrindo a historia e os petroglifos de Galicia.

campo lameiro

18 de maio | de 10 a 20 horas

Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro en Pontevedra Como chegar

Podedes consultar máis información no teléfono 986 696 066 ou no mail info@paar.es.

 

 

Escribe un comentario