Xarope Tulú en Vigo

A miña primeira viaxe da compañía Xarope Tulú é a historia do comezo, do nacemento da vida… Poderedes descubrir a través dunha bonita posta en escena esta historia na que un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Luces, música, narración e escenarios cambiantes van tecendo a historia do bebé protagonista. Non sabe cara onde vai, nin quen é, pero non ten medo porque sinte o tum-tum dos motores… A obra é unha adaptación do texto de Paloma Sánchez.

amiñaprimeiraviaxe2

 

Un espectáculo sensorial no que os nenos poderán ir viaxando da man do bebé protagonista. Gocei desta obra co meu pequeno dun aniño e estivo atento a cada paso, a cada son, a cada palabra… que a actriz e narradora nos ía descubrindo. Unha linguaxe poética delicada para contar unha linda historia, non o perdades porque é xenial! 

 

  • Dirigido a: público familiar, de 3 a 10 años
  • Duración: 55 minutos
  • 14 de mayo | 17.30 y 19.30 horas
  • 15 de mayo | 12 e 18 horas 
  • Entradas: 5€. A la venta en Ticketea.com
  • Sala Ártika de Vigo Cómo llegar
¡Compártelo!
Artículo anteriorJuega con Misaki Kawai
Artículo siguienteFestiletras 2016

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.