Vive o Nadal no Museo do Mar

Vive o Nadal no Museo do Mar de Galicia

museo do marEste Nadal o Museo do Mar de Galicia en Vigo abre as súas portas para que tod@s podamos disfrutar de novas actividades nun museo onde nos ensinan a comprender a vinculación histórica dos galegos co mar.

Coñecendo a cultura tradicional mariñeira

As persoas que participen nesta actividade, ademais de ser guiadas por parte da exposición permanente, terán a oportunidade de experimentar por sí mesmas o que supoñía ser un mariñeiro tradicional, aprendendo a valorar e admirar o noso patrimonio cultural mariñeiro.

No Centro de Interpretación Arqueolóxica do Areal Salinae poderedes participar na actividade Escavando en Salinae. Unha visita guiada polo centro de interpretación, ademais de participar nunha excavación divertida, analizando as mostras obtidas no laboratorio.

Do 26 de decembro ata o 4 de xaneiro | de martes a venres ás 12 horas

Dirixido a: Todos os públicos. Os menores de 8 anos deberán ir acompañados dun adulto.

Duración: 90 minutos aproximadamente.

Prezo: 2€ e 1€ para menores de 18 anos, estudantes, parados, xubilados, grupos de máis de 10 persoas e asociacións sociosanitarias sen ánimo de lucro. Os menores de 8 anos entrada gratuíta.

É necesario reservar previamente no teléfono 986 247 750 de martes a domingo de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

 

Escribe un comentario