Verano en el Museo Liste de Vigo

Xogando en familia é a actividade que propón o Museo Liste de Vigo para este verán. Os sábados do mes de xullo as familias poderán percorrer o Museo dun xeito lúdico a través dunha serie de propostas que poñerán a proba as súas capacidades deductivas e coñecementos. O obxectivo é potenciar a visita en familia e o coñecemento das coleccións expostas no Museo.

  • Dirixido a: familias
  • Duración: 60 minutos
  • Sábados do mes de xullo de 2016 (días 2, 9, 16, 23 e 30) 
  • Prezo: 2€ – 1€ (nenos maiores de 6 anos, parados, xubilados, pensionistas e estudantes) – gratuita para menores de 6 anos
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 244 698
  • MUSEO LISTE de Vigo Cómo llegar

 

Ademáis o Museo propón as actividades As caixas segredas, Laboratorio mitolóxico e Imaxinando mundos para grupos de nenos de 3 a 12 anos. Realizaranse os sábados no horario de apertura do Museo (de 10 a 14 horas), pero deberáse solicitar reserva previa para grupos.

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.