Titerentroido 2017 en Lalín

Este Entroido chega a Lalín a décimo séptima edición de Titerentroido con compañías de Redondela, Segovia e Brasil. As funcións -realizaránse no Museo Municipal Ramón María Aller- acompáñanse dunha exposición que se pode visitar ata o 28 de febreiro no Pazo de Liñares sobre Mamulengo, teatro de bonecos popular de Brasil.

  • 25 de febreiro | 18 horas | La Pícara Locuela con El faldón de la locura. A actrizSonia Zubiaga representa o seu repertorio de títeres nun retablo ambulante que está formado polo seu propio faldón. Dentro de tan peculiar escenario interpreta o xogo de títeres con dúas das obras máis populares e divertidas deste xénero: El Pícaro Burlado e El Panadero y El Diablo. *recomendada para nenos maiores de 3 anos.
  • 26 de febreiro | 18 horas | Tanxarina e As bombas e o xeneral. É un espectáculo onde recrean con siluetas animadas música e actores a historia dun xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. *recomendada para nenos maiores de 6 anos.
  • 28 de febreiro | 12.30 e 18 horas | Trapusteros Teatro con Los cuentos de otro. Pancho é un neno que ama ler. Un día recibe unha visita inusitada: Pepino, unha criatura verde que se aparece no seu cuarto despois de saír do libro que está a ler. A partir dese momento, Pancho buscará un novo conto para Pepino. Atopará ao fin Pepino o seu propio conto? *recomendada para nenos maiores de 3 anos.

 

  • Entradas: 3€
  • Funcións no Museo Municipal Ramón María Aller en Lalín Como chegar
  • Exposición no Museo Galego da Marioneta en Lalín Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.