Teatro y música en Vigo

El Auditorio del Ayuntamiento de Vigo se vuelve a llenar este otoño de espectáculos infantiles para disfrutar en familia.

LA GRAN A…VENTURA de MARCEL GROS

Unha autobiografía disparatada en forma de espectáculo. Unha gran letra A maiúscula domina o escenario, a letra A de Arte, de Amizade, de Aventura. A letra A levaranos nun vehículo imaxinario co que poder realizar unha visita guiada a través dun universo particular. Marcel Gros está só no escenario, pero só en apariencia, xa que constantemente procura a complicidade do público para así poder xogar cos obxectos e as palabras, procurando non soamente a comunicación directa da risa, senón dando unha visión da condición humana desde unha mirada curiosa e travesa.

  • Dirigido a: niños mayores de 3 años
  • Duración: 60 minutos
  • 1 de noviembre | 18 horas                                                                                                                                
  • Entradas: 5€

 

KIBUBU de MARIE DE JONGH

Xebas e Cocó forman unha parella artística de paiasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende abraiar: un gorila de verdade, de carne e oso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte mudará e gañarán o aplauso do público. Sen embargo, non é tanto o gorila quen vai aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van aprender unha lección que xamais esquecerán. Un espectáculo sobre o respecto e a liberdade.

  • Dirigido a: niños mayores de 5 años
  • Duración: 55 minutos
  • 8 de noviembre | 18 horas                                                                                                                        
  • Entradas: 5€

 

LABORATORIO INOCENCIA de KREGO-MARTÍN DANZA

Inocencia ábrenos as portas da súa casa laboratorio, onde unhas criaturas conviven con fórmulas, luces, sombras e risas… un día completo para descubrir… o pastel. E é que “Laboratorio Inocencia” é un espectáculo onde máis aló da propia ciencia, pódese demostrar que hai millóns de fórmulas como seres existentes, onde destacar o diferente como un regalo da natureza e a natureza, é a máis alta das tecnoloxías.

  • Dirigido a: niños mayores de 5 años
  • Duración: 55 minutos
  • 15 de noviembre | 18 horas                                 
  • Entradas: 5€

 

MÓBIL de LA GÜASA CIRCO TEATRO

Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo que vén a amosar e compartir o seu último gran inxenio. Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados. Enche de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena

  • Dirigido a: niños mayores de 5 años
  • Duración: 50 minutos
  • 22 de noviembre | 18 horas                                 
  • Entradas: 5€

 

JIM E A ILLA DO TESOURO de EME2 EMOCIÓN&ARTE

Interpretación áxil e chea de emoción da peza clásica de R.L.Stevenson. Unha trepidante historia de piratas en busca do tesouro. A máis clásica das historias de piratas actualizada e cunha estética moi orixinal e moi coidada.

  • Dirigido a: niños mayores de 5 años
  • Duración: 55 minutos
  • 29 de noviembre | 18 horas                
  • Entradas: 5€

 


 

Auditorio Ayuntamiento de Vigo Cómo llegar

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a través da páxina web de Ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). Abonos (só a través do canal telefónico e no despacho de billetes):

  • ABONO Á CARTA 5 (elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15% de desconto sobre o prezo total)
  • ABONO Á CARTA 10 (elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total)

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.