Teatro infantil en Vigo en maio

Teatro infantil en Vigo en maio

Cincenta e as zapatillas de cristal

cenicienta y las zapatillas de cristalCincenta é unha moza orfa que se ve obrigada a servir á súa madrastra e irmás. Un día chega unha invitación para unha gran festa que ofrecerá o Príncipe. Cincenta ve unha oportunidade de ser capaz de sentir como as outras rapazas da súa idade. Delicada e orixinal fusión na que dúas bailarinas dramatizan con danzas, zapatos, sombreiros, vestidos, títeres e outros obxectos o conto clásico de Perrault.

Dirixida a: nenos maiores de 4 anos

Duración: 45 minutos

12 de maio | 18 horas

Entradas: en Servinova ou na Central de Espectáculos (calle Velázquez Moreno, 26).

Anxeliños do Obradoiro da Escola de Arte Dramático Galicia

anxeliñosAs personaxes que habitan esta historia, eses anxeliños que cobran a morosos, naceron para seren carne de telecomedia e pasearon inxenuamente as súas primeiras e incipientes verbas polos despachos dalgunha que outra cadea de televisión, en forma de programa piloto que ninguén quixo ver ou a ninguén interesou o suficiente. […] O de Fausto veu despois, xurdiu dese propio e fracasado intento de pacto co perverso, e da evidencia de que cada vez estamos dispostos a vender a nosa alma ao diaño a menor prezo. Roberto Vidal Bolaño

Dirixida a: nenos maiores de 7 anos

Duración: 70 minutos

17 de maio | 20.30 horas

Entradas: 3€ en Servinova ou  na Central de Espectáculos (calle Velázquez Moreno, 26).

A boneca pelona de Engruna Teatre

la muñeca pelonaNun carro cheo de cachivaches vive a boneca pelona. A boneca séntese distinta dos demais porque non ten pelo e iso impulsaraa a iniciar unha viaxe en busca de cabelo. Encontrarase personaxes como Garbancito, o Caracol Col Col, o Xigante Azul, o Sol Solecito ou a Lúa Lunera, que lle mostrarán as súas particularidades, aquilo que os fai especiais. Un canto á tolerancia e á aceptación das diferenzas entre os individuos. Trátase dun  espectáculo familiar onde se interrelacionan títeres, música e teatro.

Dirixida a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 60 minutos

19 de maio | 18 horas

Entradas: en Servinova ou na Central de Espectáculos (calle Velázquez Moreno, 26).

Osiño de Trompicallo

osino-trompicalloA vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, e xa polo verán, Osiño levarános a dar un longo e fantástico paseo nocturno. E xa no outono, celebrará cos seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos, o seu aniversario.

Dirixida a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 50 minutos

26 de maio | 18 horas

Entradas: en Servinova ou na Central de Espectáculos (calle Velázquez Moreno, 26).

 

Prezo: 5€ adultos | 3€ nenos menores de 12 anos

Auditorio Municipal Concello de Vigo Como chegar

 

Escribe un comentario