Teatro en Tui

Teatro infantil en Tui

O aviador de Elefante Elegante  

O AviadorO aviador é un contacontos no que a narración oral ven acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a xestualidade, a música e a plasticidade do dispositivo escénico, creando un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolve a obra. É a historia do encontro dun aviador cun Moucho que, coma todos os mouchos, lle gusta mais a noite que o día. Cando escurece, síntese mellor que nunca. Voa de un lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao amencer, enchese de tristura. Por que sae o sol? Por qué a calma e a escuridade teñen que desaparecer para darlle lugar ao día? O Aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho, pero será posible vivir nun mundo sen sol?

Dirixido a: público infantil e familiar

23 de maio | 18.30 horas

Entrada libre 

Biblioteca Municipal de Tui Como chegar

 

Pequena de Talía Teatro

pequena_talia teatroA pequena Nadiña cóntanos as historias da ogresa Barbadac e de Petipuá. Faino con bailes, cancións, ledicia e unha gran forza. Este espectáculo descúbrenos o grande que pode ser alguén pequeno, así como o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo. Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequeña coma unha pulga.

Dirixida a: nenos de 4 a 10 anos

Duración: 55 minutos

24 de maio| 20 horas

Prezo: 3€ | 2€ para menores de 12 anos, Carné xove, de estudante, de familia numerosa, de discapacidade, desempregado ou xubilado, así como socios da Biblioteca de Tui

Entradas: á venda na web www.culturatui.info dende a semana antes ata as 13h do día do espectáculo e no despacho de billetes do Teatro, unha hora e media antes do inicio do espectáculo e ata a hora de inicio.

TEATRO MUNICIPAL DE TUI Como chegar

 

 

Escribe un comentario