Teatro infantil e familiar en Vigo

Teatro en Vigo en novembro

Auditorio Municipal do Concello de Vigo acollerá ata finais de ano obras de teatro dirixidas a nen@s e familias. VigoCultura programa espectáculos infantís durante as fins de semana de novembro.

O Guiso da compañía Matreska

O GUISOO Señor que escribe as obras fixo que Ledicia e Papabola viviran nunha cociña dentro do escenario dun teatro. Cando se prenden os focos e nas butacas hai xente, Ledicia é feliz. Aínda que a Papabola iso de facer unha función non lle fai ningunha graza…

Dirixido a: Todos os públicos

3 de novembro | 18 horas

Los animales de Don Baltasar de Teloncillo

teloncillo_animalesOs animais de don Baltasar conta a historia dun home que se atopa cun gato que muxe, un can que miaña, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra. Un espectáculo sen palabras onde as onomatopeas, as imaxes e a música son as protagonistas.

Dirixido a:  Nen@s maiores de 3 anos

4 de novembro | 18 horas

O Kikirixote de Os Monicreques de Kukas

O KIKIRIXOTEPartindo de Don Quixote como elemento transgresor e inconformista co tempo que lle tocou vivir, xorde o Kikirixote que non quere ser menos e non deixa de ser unha caricatura do seu referente clásico. O Kikirixote nace da mestura de todos os antiheroes.

Dirixido a:  Nen@s maiores de 8 anos

10 de novembro | 18 horas

Bon Appêtit da compañía Ghazafellos

Bon ApétitTres chefs amosarán unhas sinxelas receitas de cociña ao público. Pero o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso… Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos… ingredientes para unha comedia moi tola.

Dirixido a:  Nen@s maiores de 6 anos

11 de novembro | 18 horas

Polichinela titor de Pierrot de Danthea Teatro

polichinelaA rebeldía de Pierrot e o desinterese polos libros e a escola, leva ao seu pai Palomeque a tomar unha decisión desafortunada: contratar como profesor ao amigo Polichinela, ao que lle sirve calquera cousa para sacar proveito dela.

Dirixido a:  Nen@s maiores de 6 anos

18 de novembro | 18 horas

O rapto da bibliotecaria da Escola Municipal de Teatro de Vigo

O RAPTO DA BIBLIOTECARIAUn espectáculo que narra a historia da señora Liboreiro, a bibliotecaria dunha pequena cidade, secuestrada por un grupo de bandidos, que pretenden conseguir un cuantioso rescate por parte do concello, pero veránse sorprendidos por un inimigo: o sarampelo… Divertidas e disparatadas personaxes enmascaradas irrompen na vida da bibliotecaria.

Dirixido a:  Nen@s maiores de 4 anos

24 de novembro | 18 horas

Entrada con invitación (consultar en el 010 o en el teléfono 986 485 324).

Nuncabunga da compañía Elefante Elegante

nuncabungaNuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construiu o seu fogar. As súas rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estrano entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fóra. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. ¿Serán eles quen de vivir no mesmo espazo?

Dirixido a:  Nen@s maiores de 3 anos

25 de novembro| 18 horas

AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO Como chegar

Prezo: 5€ adultos – 3€ nen@s de ata 12 anos

Entradas: Para comprar as entradas podedes chamar ao número de atención cidadá 010 ou en taquilla.servinova.com. Podedes comprar un abono para todo o mes de novembro cun desconto do 15% ou un abono de temporada cun 25% de desconto sobre o prezo total.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.