Teatro en Vigo en decembro

Teatro en Vigo en decembro

Auditorio Municipal do Concello de Vigo acollerá ata finais de ano obras de teatro dirixidas a nen@s e familias. VigoCultura programa espectáculos infantís durante as fins de semana de decembro.

Vuela si puedes de Teatro Paraíso

vuela si puedesTeatro Paraíso fálanos de racismo, indiferencia, loitas de poder…pero tamén amistade, solidaridade e respecto. Partindo dun inevitable conflicto, a obra aborda con intelixencia e sensibilidade unha extensa paleta de relacións co outro a través duns animais que, curiosamente, se parecen moito aos humanos.

Dirixido a:  Nen@s maiores de 7 anos

2 de decembro | 18 horas

Babs de Baobab Teatro

babs_baobabBabs conta a historia de Babo, un ser pequeniño que quere descubrir o mundo; el é pequeno e o mundo demasiado grande. Babs é o lugar onde viven Babo e os seus amigos Baba, Babu, Babi… un mundo descoñecido para nós pero cómodo, seguro e confortable para eles. A mamá de Babo fala, fala e fala e o seu pequeno explora, explora e explora, tanto que desaparece…

Dirixido a:  Nen@s dende os 0 ata os 6 anos

16 de decembro| 18 horas

Cantos pequenos de Mamá Cabra

CANTOS PEQUENOSCantos pequenos é un repaso á traxectoria vital de Mamá Cabra. Un paseo sonoro polos 11 anos que o grupo leva nos escenarios. Un espectáculo repleto de cancións que forman parte da nosa memoria colectiva: O Pirata Metepata, Polás Rúas, Sereiña, Unha vella tiña un can, etc .

Dirixido a: Todos os públicos

23 de decembro| 18 horas

 A caixa de música de Viravolta Títeres

A caixa de músicaA caixa de música é un espectáculo visualmente atractivo, debido á iluminación e as cores refletantes na luz negra. A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasládaos ao mundo de Icía e Salter.

Dirixido a: Todos os públicos

30 de decembro| 18 horas

AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO Como chegar

Prezo: 5€ adultos – 3€ nen@s de ata 12 anos

Entradas: Para comprar as entradas podedes chamar ao número de atención cidadá 010 ou en taquilla.servinova.com. Podedes comprar un abono para todo o mes de novembro cun desconto do 15% ou un abono de temporada cun 25% de desconto sobre o prezo total.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.