Teatro en Vigo

Volve o teatro, a música e a danza ao Auditorio do Concello de Vigo! Estos son os espectáculos para os meses de decembro:

pequenamaxTEATRO: PEQUEÑA MAX de Arena en los Bolsillos

Pequeña Max fala da marabillosa capacidade dos nenos e nenas de crear e recrear mundos inventados e amizades imaxinadas, onde todo é posible, sen fronteira entre o real e o imaxinario, e a valentía que supón ser “diferente” nesta sociedade.Baixo o apaixonante estudo da figura do amigo imaxinario, o espectáculo ábrenos a porta a un mundo interior. Somos convidados a un ensaio de vida, un refuxio ocupado por dous amigos que se acompañan na descuberta das súas emocións. A liberdade de verse reflectido nun espello onde poder ser outro sen deixar de ser un mesmo. Puro teatro.

  • Dirixido a: nenos maiores de 1 ano
  • Duración: 30 minutos
  • 4 de decembro | 12 e 18 horas
  • Entradas: 5€

chefs_yllanaTEATRO: CHEFS de Yllana TEATRO

Chefs é unha mirada divertida sobre o fascinante mundo da gastronomía. A historia céntrase nun chef de gran prestixio que perdeu a inspiración e que ten que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e novidosa e así manter as estrelas do seu restaurante. Asemade facemos un percorrido por distintas facetas do mundo da cociña, como a nosa relación cos alimentos que inxerimos, os animais que nos alimentan, as diferentes cociñas e sabores do mundo.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 75 minutos
  • 11 de decembro | 18 horas
  • Entradas: 5€

 

TEATRO: LAS TRES REINAS MAGAS de Grupo Expression

Melchora, Gaspara e Baltasara, emprenden o camiño cara a Belén para levarlle ao neno os seus presentes e pregarlle que as axude a repartir os regalos para todas e todos os nenos e nenas do mundo. Son simpáticas, valentes e divertidas; son moi distintas entre sí, pero grandes amigas e compañeiras de viaxe. Tiveron que substituír os seus homes, Gaspar, Melchor e Baltasar, pois eles están na guerra e elas só desexan a paz. Comen, beben, rifan, bailan, cantan, recitan versos e finalmente, seguindo a estrela, chegan ao neno. Unha comedia tenra e alegre da gran escritora Gloria Fuertes.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 18 de decembro | 18 horas
  • Entradas: 5€

 

 


 

ENTRADAS

  • A través de Ataquilla
  • No teléfono 902 504 500
  • Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) en horario de 10 a 13 e de 17 a 20h de luns a venres e de 10 a 13h os sábados
  • Na Sede de Afundación (Policarpo Sanz 26) en horario de 10 a 13 e de 17 a 20.30h de luns a venres e de 10 a 13h os sábados
  • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)
    • ABONO Á CARTA 5. Podedes elexir 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e gozar dun 15% de desconto
    • ABONO Á CARTA 10. Podedes elexir 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto

 

Auditorio do Concello de Vigo Cómo chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.