Talleres no Museo Massó

Talleres no Museo Massó

Museo MassoO Museo Massó de Bueu organiza para este Nadal o obradoiro Menudos guías. Trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe que pretende formar aos máis pequenos nas claves e coñecementos para exercer eles mesmos como guías do museo para os seus familiares e amigos. Esta iniciativa pretende potenciar as visitas en familia en pequenos grupos especialmente nestas vacacións de Nadal. Ao finalizar entregarase a cada participante unha acreditación como guía do Museo Massó.

Dirixido a: Nen@s de 8 a 13 anos

Duración: 90 minutos

MUSEO MASSÓ en Bueu Como chegar

27 e 28 de decembro | 11 horas

Para participar podedes inscribirvos no teléfono 986 321 838.

 

Escribe un comentario