Sete Falares en Pontevedra 2017

Volve á cidade de Pontevedra o Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares con catro xornadas cheas de narración oral. Os días 8, 9, 10 e 11 de xuño chegarán contadores e narradoras de Uruguai, Portugal e Galicia. Dentro do programa tamén hai un espazo dedicado aos máis pequenos e pequenas:

 

  • 9 de xuño | 18 horas | Casa das Campás | PAVÍS PAVÓS | Entrada de balde ata completar a capacidade. Público familiar
  • 10 de xuño | 12 horas | Ruinas de San Domingos | BEA CAMPOS | Entrada de balde ata completar a capacidade. Público familiar

Podedes consultar a programación completa na web: setefalares.eu

 

Escribe un comentario