Sete Falares: contadores de historias

Sete Falares: contadores de historias

sete falares 2013Do 6 ao 9 de xuño en diferentes espazos de Pontevedra poderedes escoitar contos e historias para pequenos e maiores. Trátase do segundo Encontro Internacional de contadores de historia Sete Falares que ofrece un programa de literatura oral con Beatriz Montero, Celso Fernández, Raquel Queizás, Antonella Giraldo, Luis Correia ou Quico Cadaval e Pavís Pavós.

 

Palabras na boca con Raquel Queizás

A contadora Raquel Queizás farános disfrutar nunha sesión chea de contos, historias e lendas.

7 de xuño | 18 horas

Pazo de Mugártegui Como chegar

Entrada gratuita

Susurros de algodón con Beatriz Montero

Susurros de algodón son bebecontos que mesturan a música e as marionetas de man para iniciar aos bebés e aos pais na prelectura e o primeiro contacto cos libros.

8 de xuño | 11 e 12.30 horas

Casa das Campás Como chegar

Prezo: 1€ | Gratuito para desempregados presentando tarxeta. Entradas á venda na billeteira do Teatro Principal unha hora antes de cada función.Cada billete é válido para un bebé e un adulto.

Historias da marquesa con Pavís Pavós

Historias para recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios.

9 de xuño | 11horas

Pazo de Mugártegui Como chegar

Entrada gratuita

 

 

 

Escribe un comentario