Rosalía na Biblioteca Xosé Neira Vilas
O Día do Libro Infantil a Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo organiza actividades para os máis pequenos dedicadas a Rosalía de Castro, con motivo do 150º aniversario da edición de Cantares Gallegos. Poderedes ver unha exposición de diferentes portadas de publicacións que neste século e medio se fixeron da obra da escritora e os nenos poderán participar nas actividades Rosalía, unha meniña e Ola ríos, ola fontes, ademais dun obradoiro de hip-hop.
Rosalía, unha meniña
É un espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética, idóneo para conmemorar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e o 50º aniversario do Día das Letras Galegas, que se celebrarán durante todo o ano 2013. É a historia dunha nena chamada Rosalía, nada no rural galego de comezos do século XIX, que soubo sentir, soubo escoitar e soubo cantar nunha lingua de pobres que daquela non se escribía.
Dirixida a: nenos maiores de 7 anos
2 de abril | 18 horas
Obradoiro de Hip-Hop
Obradoiro de hip hop baseado na vida e a obra de Rosalía de Castro impartido por Serxio Regos “García” do colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew.
Dirixido a: nenos maiores de 12 anos
23 de abril | 18.30 horas
Ola ríos, ola fontes
Ola ríos, ola fontes é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía e música.
Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
25 de abril | 18 horas
BIBLIOTECA PÚBLICA XOSÉ NEIRA VILAS de Vigo Cómo chegar