Revenidas 2016 en Vilagarcía

Música, xogos populares, obradoiros, creatividade… e moita diversión agárdanvos nun festival para gozar en familia: Revenidas16. Os días 19, 20 e 21 de agosto o festival encherá de actividades o porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. É un festival pensado para todos os públicos porque contempla actividades para nenos e familias, así como concertos musicais para público adulto nun recinto pechado.

Nesta edición haberá además unha gran sardiñada popular, 23 concertos de pago con bandas de diversas procedencias e estilos musicais e máis de 35 actividades de balde, unha gala solidaria cos refuxiad@s, a Feira Revenida, o Xoubiñas Festi para estar en familia, actividades vencelladas á Cultura Mariñeira ou intervencións gráficas conmemorando o Ano Castelao.

XOUBIÑAS FESTI | 21 de agosto | de 12 a 17 horas | Parque Dona Concha

A xornada do domingo as sardiñas revenidas converteranse en xoubiñas dentro do festival porque estará presente a música infantil. Será o día para disfrutar en familia coa compañía Polo Correo do Vento, o concerto de Chuches Amil e o espectáculo O Muiñeiro e Barriga Verde de Títeres Crebanoces.

Podedes consultar o programa completo na web www.revenidas.com.

revenidas2016

Escribe un comentario