Rechouchíos en Moaña

Este mes de novembro comezou en Moaña Rechouchíos, un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades para nenos e familias. Este é programa:

Daboapipa: Contos de animalario

Contos populares con música en directo. Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos…

  • Dirixido a: nenos a partir de 2 anos
  • 18 de novembro | 18 horas | Axencia de Lectura de Tirán

 

Polo Correo do Vento: Ollando as estrelas

Conto ilustrado con música en directo.

  • Dirixido a: público familiar
  • 25 de novembro | 18 horas | Axencia de Lectura de Domaio

 

Teatro da Semente: Chíos

Un espectáculo de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e familias, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

  • Dirixido a: bebés de 0 a 3 anos e familias
  • 2 de decembro | 18 horas | IES As Barxas

chios2Teatro dos Ghazafelhos: Contos de lobo

Un conto interactivo no que se mestura maxia, circo, hipnose… Dúas personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos… pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias… ala!! E os contos?  -Que nos axude o público…

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • 9 de decembro | 18 horas | IES As Barxas

 

Charo Pita: Vai de bechos

Animais, feras, bestas, bichocos e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, son os protagonistas desta sesión de contos e poemas de Charo Pita.

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • 16 de decembro | 18 horas | Biblioteca Municipal de Quintela

 

Fredi&Cía: Circanelo

Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e enxeño. É unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo a toda costa.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 23 de decembro | 18 horas | Carpa do palco da Alameda

abandadasapertasMagín Blanco: A Banda das apertas

As músicas de Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións para gozar dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo disfrutando con esta Banda das Apertas.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 30 de decembro | 18 horas | Carpa do palco da Alameda

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.