Música, contos e teatro para os máis pequenos en Moaña. Continúa con novos espectáculos o Festival Rechouchíos pensado para os nenos e nenas e as súas familias!
- Contacontos: Fedellas con A bolboreta Roseta
- 5 de maio | 18.30 horas | Edificio Multiusos de Meira
- Contacontos: Soledad Felloza con Unha viaxe ao mundo de Carlos Casares
- 12 de maio | 18 horas | Axencia de Lectura de Domaio
- Maxia: Leo Leíño con Entre libros anda a maxia
- 19 de maio | 18 horas | Biblioteca Municipal de Quintela
- Contos e música: Gloria Mosquera con As aventuras de Mamá Cabra
- 26 de maio | 18 horas | Biblioteca Municipal de Quintela
- Música: Cè Orquestra Pantasma con Fíos do querer e A xogar, cantar e bailar
- 2 de xuño | 19 horas | Parque do Samertolameu (Meira)
- Música: Paco Nogueiras con Brinca Vai!
- 9 de xuño | 19 horas | Praza do Vinte e Cinco de Xullo
- Música e teatro: Mamá Cabra con 15 Primaveras
- 16 de xuño | 19 horas | Alameda da Xunqueira
**Entrada de balde ata completar o aforo**