Paseo máxico por Pontevedra

Estes días podedes disfrutar dunha divertida viaxe pola historia de Pontevedra coa compañía Migallas Teatro. Diferentes personaxes doutra época irán descubrindo os segredos máis ocultos da cidade. Trátase de visitas teatralizadas para todos os públicos que se desenvolverán durante as noites deste verán polo Centro Histórico de Pontevedra, como complemento ás visitas guiadas que se realizan durante o día.

As representacións teatrais combínanse con información cultural, coñecendo dunha forma amena e chea de humor a historia de Pontevedra. No percorrido, onde se evocarán feitos e personaxes históricos coñecidos como o “Fiel Contraste”, Alonso de Fonseca, Tristán de Montenegro, Pedro Madruga, Paio Gómez Chariño… tamén teñen protagonismo  os homes e mulleres anónimos que habitaron nesta vila e arredores ao longo dos séculos.

Dirixido a: todos os públicos

Duración: 90 minutos

18, 19, 20, 24, 26, 27, 30 e 31 de xullo e 1 e 2 de agosto | de 22 a 23.30 horas

*as visitas dos días 26 e 27 non se celebrarán.

Prezo: 5 euros

Entradas: podedes reservalas dende a web. Pódense reservar entradas para calquera día durante os días anteriores á visita e, o mesmo día da visita, ata 4 horas antes do comezo desta, é dicir, ata as 18h.

Saída: detrás da Casa do Concello.

Concello de Pontevedra Como chegar

 

Escribe un comentario