Parque Xurásico en Vigo

Os amantes dos dinosaurios teñen visita obrigada este Nadal en Vigo. No vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo estará instalado dende o 26 de decembro e ata o 5 de xaneiro o Parque Xurásico con obradoiros, xogos e actividades para diferentes idades:

  • A TRIBOSAURIA: xincana con probas para nenos a partir de 6 anos
  • O XARDÍN DE MINISAURIA: obradoiros para nenos de 2 a 4 anos
  • O BOSQUE DOS ECOSAURIOS: actividades e obradoiros artísticos para nenos de 6 a 12 anos
  • A TERRA DAS SAURIAS: obradoiros para nenos de 5 a 12 anos
  • DE QUEN É CADA TAL: proba de identificación de pegadas para nenos de 5 a 12 anos
  • DESENTERRANDO FÓSILES: proba de desenterramento de restos para nenos de 5 a 12 anos
  • COPROLITOS DE…: xogo de identificación de coprolitos para nenos de 5 a 12 anos
  • PUZZLES MONSTRUOSOS: quebracabezas para nenos de 5 a 12 anos
  • DINOPEQUES: xogos sensoriais e psicomotrices para nenos de 0 a 3 anos
  • DINOARTISTAS: obradoiros de manualidades para nenos a partir de 5 anos
  • REXMAQUÍLLATE: obradoiro de maquillaxe para nenos a partir de 3 anos
  • VOLCÁN: xogo con globos para nenos a partir de 3 anos
  • DINOESCOLA: xincana para nenos de 4 a 7 anos
  • FARO DE VIGO: obradoiro para nenos de 7 a 12 anos

…………………………………………………….

Entrada gratuita. É necesaria invitación, que podedes recoller no despacho de billetes do auditorio, ata completar a capacidade do recinto.

DATAS:

  • 26 de decembro de 16.30 a 20.30 horas
  • 27, 28, 29 e 30 de decembro de 11.30 a 13.30h e de 16.30 a 20.30 horas
  • 2 de xaneiro de 16.30 a 20.30 horas
  • 3 e 4 de xaneiro de 11.30 a 13.30h e de 16.30 a 20.30 horas
  • 5 de xaneiro de 11.30 a 13.30 horas
¡Compártelo!
Artículo anteriorMOTI 2016 en Ourense
Artículo siguienteDe tiendas…

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.