Os Bosquinenos en Pontevedra

Natureza, xogos e familia agárdanvos no I Encontro de Verán Bosquinenos. Será este domingo na Senda fluvial do Río Lérez. Alí poderedes disfrutar dunha xornada diferente da man del Alados Medioambiente.

Poderedes explorar o Río Lérez en busca de macroinvertebrados acuáticos, estudiaredes o bosque de ribeira, camiñaredes descalzos pola beira do río, faredes un picnic ecolóxico e campestre a media mañá, un obradoiro e a actividade rematará cunha sesión de ioga en plena natureza.

Que é un Bosquinen@?

Os Bosquinen@s son un grupo de xogo e aprendizaxe activa na natureza. Un Bosquinen@ é un nen@ con ganas de disfrutar e explorar a natureza: investigar os bichiños da terra, saltar de charco en charco, camiñar descalzo pola beira do río, aprender de árbores, construír unha cabana no bosque ou un comedeiro para aves….estas cousas son as que fan nos encontros a tribu dos bosquinen@s.

 

  • 6 de agosto | de 10 a 13 horas
  • Dirixido a: nenos e nenas a partir de 5 anos
  • Prezo: 12€ (desconto de 1€ para os irmáns)
  • Senda fluvial do Río Lérez
  • Para máis información podedes escribir a info@alados.es ou chamar ao teléfono 662 140 027

Escribe un comentario