Obradoiros infantís en Pontevedra

Obradoiros infantís en Pontevedra

obradoiro_migallas teatroPazo da Cultura de Pontevedra volve a acoller un ano máis os obradoiros infantís para nen@s de entre 4 a 12 anos. Para o fomento da lectura e da expresión dramática, plástica e musical comezan os talleres A hora do conto e A procura do tesouro.

Impartiranse entre os meses de outubo de 2012 e abril de 2013 na Sala de Obradoiros do Pazo da Cultura, a cargo de Pavís Pavós Contacontos e Migallas Teatro.

Dirixidos a: nen@s entre 4 e 12 anos

Prezo: 40 euros cada obradoiro

Inscrición: O prazo de inscrición estará aberto dende o día 10 de outubro, nas oficinas do Pazo da Cultura en horario de 8 a 14 horas. As prazas son limitadas e cubriránse por orde de solicitudes.

PAZO DA CULTURA en Pontevedra Como chegar

 

A hora do conto

As sesións estarán cheas de sorpresas para os nen@s que queiran asistir. O proxecto de animación a lectura A hora do conto está organizado por Pavís Pavós. Eles transmitirán ao nen@s o gusto polos libros e achegaranlles historias de tradición galega para estimular a imaxinación.

Sábados | de 12 a 13.30 horas | comeza o día 20 de outubro

 A procura do tesouro

Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical distribuídos por idades para estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas. Escoitan, crean e representan contos, fan traballos manuais relacionados con elementos da natureza, aprenden xogos e cancións tradicionais e actuais, participan en xogos de pistas, asisten a funcións de títeres, etc.

Taller 1: de 8 a 12 anos
Luns de 18.30 a 20 horas| dende o luns 22 de outubro

Taller 2: de 8 a 12 anos
Martes de 18.30 a 20 horas | dende o martes 23 de outubro

Taller 3: de 4 a 7 anos
Mércores de 18 a 19.30 horas | dende o mércores 24 de outubro

Taller 4: de 4 a 7 anos
Xoves de 17.30 a 19 horas | dende o xoves 25 de outubro

Taller 5: de 13 a 16 anos
Venres de 17.30 a 19 horas | dende o venres 26 de outubro

Para máis información podedes chamar ao Pazo da Cultura 986 833 061 ou a Migallas Teatro 986 864 757.

 

Escribe un comentario