Obradoiros de verán en Pontevedra

Obradoiros de verán en Pontevedra

Bebeteca Biblioteca Nodal de Pontevedra

A Biblioteca Nodal de Pontevedra organiza para os meses de xullo e agosto obradoiros para nenos dende os 4 aos 12 anos, divididos en temáticas e idades. Os máis pequenos poderán participar en obradoiros de contos, de narración, de contos en inglés e de papiroflexia.

Obradoiro creativo de contos

Dirixido a: nenos e nenas  de  4 a 7 anos

Martes 9, 16, 23 e 30 de  xullo | de 11 a 12.30 horas

Obradoiro de narración en curtas

Dirixido a: nenos e nenas de  8 a 12 anos

Mércores 10, 17, 24 e 31 de xullo | de 11 a 12.30 horas

Obradoiro de contos en inglés

Dirixido a: nenos e nenas de 4 a 7 anos

Martes 6, 13, 20 e 27 de agosto | de 11 a 12.30 horas

Obradoiro de papiroflexia

Dirixido a: nenos e nenas de 8 a 12 anos

Mércores 7, 14, 21 e 28 de agosto | de 11 a 12.30 horas

 

Inscrición: o prazo comeza o 17 de xuño en horario de 9 a 14 horas na Biblioteca Nodal de Pontevedra. Remata cando se completen as prazas e podedes solicitar praza en tres obradoiros.

Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 850 838.

BIBLIOTECA ANTONIO ODRIOZOLA en Pontevedra Como chegar

 

 

Escribe un comentario