Obradoiros de pintura e fotografía para nenos

Obradoiros de pintura e fotografía para nenos

ExposiciónNabeiradorioCon motivo da exposición que o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá ata o 11 de novembro Na beira do río. Diálogos na pintura, a artista da mesma Ana Seoane, xunto a Teresa Brutcher, impartirá dous obradoiros de pintura e fotografía para os cativos. Constuindo unha cámara fotográfica a partir dunha caixa de zapatos, os rapaces e rapazas tomarán e revelarán as súas propias fotografías, sobre as que posteriormente aplicarán técnicas de pintura. O obxectivo da mesma é aillar obxectos e persoas, tal e como o fai a propia artista na súa obra.

Dirixido a: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.

Grupo 1: Sábado 3 de novembro  | de 11.30 a 13.30 horas
Grupo 2: Sábado 10 de novembro  | de 11:30 a 13:30 horas

Prezo: Gratuito

Inscricións: A partir do luns 22 de outubro de 9.00 a 14 horas no Pazo da Cultura. 30 prazas (15 o día 3, e outras 15 o día 10)

PAZO DA CULTURA en Pontevedra Como chegar

Máis información na web do Pazo de Cultura ou na súa páxina de facebook.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.