Obradoiro de arquitectura en Vigo

Obradoiro: Achégate á de arquitectura en Vigo

A Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo prepara unha alternativa de ocio para a Semana Santa. Trátase dun obradoiro de arquitectura. Ao longo de dúas sesións de dúas horas os nen@s achegaranse ao mundo da arquitectura e do urbanismo, á súa linguaxe, aos seus códigos e aos seus segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes e a tecnoloxía e o interese polos libros que tratan esta temática e que poden atopar na biblioteca.

obradoiro achégate á arquitectura

Dirixido a: Nen@s de 5 a 12 anos

Duración: 2 sesións de 2 horas

26 e 27 de marzo | de 11 a 13 horas

Inscrición: Podedes formalizar a súa inscrición a partir do 1 de marzo ás 11 horas de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou a través do teléfono 986 267 759. O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

BIBLIOTECA PÚBLICA XOSÉ NEIRA VILAS de Vigo Cómo chegar

 

Escribe un comentario