Noite na Biblioteca en Gondomar

VI Noite na Biblioteca de Gondomar

noite na biblioteca en gondomarO Espazo Lectura de Gondomar organiza un ano máis a Noite na Biblioteca con actividades dedicadas ao poemario Contatrás, de Paula Carballeira. Os nenos e nenas que se inscriban chegarán á biblioteca entre as 21.30 e as 22 horas e participarán en diferentes actividades: un xogo de presentación, unha xincana poética con xogos relacionados cos poemas de Contatrás e un espectáculo poético con Chiqui Pereira e Paula Carballeira.

Chegarán á biblioteca despois de cear e non teñen que levar comida, xa que do almorzo se encarga Espazo Lectura. Abonda con que leven moitas ganas de divertirse e de pasalo ben lendo e xogando cos poemas e coas historias de Paula Carballeira. Os nenos e nenas deben levar saco de durmir, pixama e as súas cousas de aseo.

Dirixido a: nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria, que participasen ao longo do ano nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura.

Noite do 1 ao 2 de xuño | dende as 21.30 horas

Inscrición: poderán inscribirse no correo electrónico a espazolectura@gmail.com ou no teléfono 633 865 721. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O prazo para inscribirse remata o martes 28 de maio.

Biblioteca Municipal de Gondomar Como chegar

 

Escribe un comentario