Os contos, os monicreques, as cancións… volven ás prazas, rúas, parques e areais de Vigo este verán dentro do programa No verán… un conto! Son espectáculos pensados para gozar en familia dende o 6 de xullo ao 2 de setembro.
A MÚSICA DAS ÁRBORES con Anxo Moure e Servando Barreiro
Garciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestación. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet. Mais Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu tamén que con cada un dos incendios forestais, cos lumes, coas talas, desaparecían os sons, cantigas, danzas, a música dos bosques. Por iso foi quen de chamar ao Bardo Abelardo para que lle axudase a salvar a música das árbores.
- 15 de xullo
- 11.30 horas | Carballeira de Teis
- 20 horas | Palco exterior, Castrelos
- 29 de xullo
- 11.30 horas | Praza da Lagoa, Navia
- 20 horas | Rúa Londres, detrás do museo Marco
FÁBULAS de Tarabelos
Un conto sempre ten necesidade de ser compartido; por iso nace “Conta comigo, conto contigo”. Todas e todos podemos vernos cara a cara para contar e vivir os contos. Imaxinades unha xuntanza de corvos vellos? Cheos de experiencias que contar, case nunca falan de si mesmos; pero moito lles gusta falar dos outros animais. Público: Infantil
- 6 de xullo | 20 horas | Praza da Independencia
- 8 de xullo | 20 horas | Praza de Digau Navia
- 26 de agosto | 20 horas | Rúa Londres, detrás do museo Marco
NAS NUBES con Raquel Queizás
Que ben se está nas nubes! Viaxaremos coa imaxinación na procura de contos que se agochan por todas partes. Exploraremos lugares perdidos habitados por seres misteriosos e descoñecidos. Pechade os ollos, alá imos…
- 13 de xullo | 20 horas | Praza da De Digao, Navia
- 20 de xullo | 20 horas | Praza da Independencia
- 1 de agosto | 20 horas | Mercado do Calvario
PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR con Barafunda
Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar. Baseado na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o voo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e boas colleitas…
- 29 de agosto | 20 horas | Mercado do Calvario
- 31 de agosto | 20 horas | Praza da Independencia
- 2 de setembro | 20 horas | Praza da Lagoa, Navia
CONTOS SOÑADOS con Miguel A. Alonso Diz
Con esta actividade, Miguel achéganos un mundo cheo de fermosas historias baixo a premisa de que os contos non hai que contalos, hai que vivilos.
- 5 de agosto | 20 horas | Praza da De Digao, Navia
- 8 de agosto | 20 horas | Mercado do Calvario
- 22 de agosto | 20 horas | A Miñoca
CONTOS PA POTA con Lareta
Así como a comida enche a nosa barriga, os contos enchen a nosa imaxinación. Ao redor da pota imos cociñar historias deixándonos levar polo fogón. *a partir de 4 anos
- 11 de xullo | 20 horas | A Miñoca
- 18 de xullo | 20 horas | Mercado do Calvario
- 22 de xullo | 20 horas | Praza da Lagoa, Navia
- 27 de xullo | 20 horas | Alameda de Bouzas
- 3 de agosto | 20 horas | Palco exterior de Castrelos
- 24 de agosto | 20 horas | Praza da Independencia