No Verán… un conto (en setembro)

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo continúa este mes de setembro co programa No verán… un conto. Son contacontos e espectáculos para achegar aos nenos á nosa tradición oral e poñer e valor a palabra como vehículo de comunicación, de cultura e de lecer. Os espectáculos comezarán ás 20 horas.

Contos de verán

As cores, as plantas e a fauna das catro estacións achegaránnos ás historias de Marcelo e aprenderemos os nomes dos animaliños que nos acompañan no verán, das flores que nacen na primavera, da chuvia do outono, do frío do inverno… Recomendada para menores de 6 anos

  • 4 de setembro | Praza da Independencia
  • 20 de setembro | Parque de Navia (Teixugueiras 30)

Ciclobiblioteca

O bardo Abelardo percorre as prazas coa súa ciclobiblioteca achegando música e contos a todo o mundo. As súas historias están cheas de música, cor e alegría. O bardo convida a todos os nenos e nenas a ler algún dos libros da súa biblioteca con rodas. Recomendada para menores de 6 anos

  • 5 de setembro | Mercado do Calvario
  • 6 de setembro | Parque do Emigrante en Praza América

A tropa de trapo

Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Recomendada para nenos maiores de 6 anos

  • 11 de setembro | Praza da Independencia

Rodari-Rodari (Contos do tranvía)

O tranvía de Marín serviranos como medio de transporte do espectáculo. O músico Carlos Quintá, tocará o seu acordeón diatónico, e o narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música. Recomendada para menores de 6 anos

  • 13 de setembro | Parque de Navia (Teixugueiras 18-20)

O cullarapo Croque

Miguel Ángel envólvenos nun mundo de tenros animaliños onde os elementos da natureza son o escenario propicio para o irrupción de sereas, barquiños viaxeiros e cullarapos faladores. Outros contos, outros personaxes, situacións e experiencias farán as ledicias das cativas e cativos. Recomendada para menores de 6 anos

  • 19 de setembro | Mercado do Calvario

1 Comentario

  1. Hola,
    me parece muy interesante esta opción de ocio infantil. He tenido la oportunidad de estar en un cuentacuentos en el mercado del Calvario y nos gustó mucho.
    Me gustaría que durante el otoño-invierno-primavera también se celebraran este tipo de eventos, aunque entiendo que el clima no acompaña muchas veces. Pero ahora en otoño es posible que puedan venir días buenos, y en primavera en Vigo también, aunque pienso que debería ser más temprano, ya que los niños tienen sus rutinas de colegio, etc. y para los niños más pequeños, que también disfrutan mucho, las 20h es demasiado tarde.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.