Nadal en Campo Lameiro

Nadal en Campo Lameiro

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro propón actividades para viaxar á Idade de Bronce durante este Nadal. Os días 22 e o 29 de decembro haberá unha sesión de contacontos: Sei un conto, cóntocho? Os máis pequenos  achegaranse ao misterioso mundo das lendas e mitos dos animais que eran representados nos petróglifos galegos. O día 29 será a cita para os adultos e pequenos que desexen coñecer a vida na Idade de Bronce, a través dun taller mixto de catro obradoiros. Do 2 ao 6 de xaneiro poderedes visitar o parque cun guía especializado co que descubrir os segredos dos petróglifos galegos.

campo lameiro actividades

Contacontos | 22 e 29 de decembro

Taller mixto | 29 de decembro | de 12 a 14.30 horas | É necesaria reserva previa (entrada + taller 10€)

Visitas guiadas | 2, 3 e 4 de xaneiro 12 – 13 e 16.30 horas | 5 e 6 de xaneiro 13 e 16.30 horas | É necesaria reserva previa

Para máis información podedes consultar o programa de actividades de Campo Lameiro ou chamar ao teléfono 986 696 066.

Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro en Pontevedra Como chegar

¡Compártelo!
Artículo anteriorTalleres no Museo Massó
Artículo siguienteNadal en Gondomar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.