Mostra Theatrum en Redondela

Mostra Theatrum en Redondela

Redondela acolle esta fin de semana a Mostra Theatrum, unha mostra itinerante na que poderedes disfrutar de diferentes compañías e artistas.

12 de abril

21.30 horas | Ego. Estrea laKomtal Teatre

13 de abril

12.30 horas | Kamishibai 

Kamishibai Juan JusteEn xaponés Kamishibay significa teatro de papel. Juan Juste realiza espectáculos co seu Kamishibai combinado con teatro de obxetos, o teatro francés de papel e técnicas de despregables pop-up, configurando un mundo mágico no ollo do espectador.

18.30 horas | O bufón do reino de Pinga Teatro

O bufón do reino Pinga TeatroNunha mañá soleada ao Rei dun reino o don da fala e da risa desaparecéronlle. O Rei non falaba e tampouco quería rir. Os máis achegados, os asesores do reino e o pobo en xeral, non sabían que facer… de súpeto xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala e da risa ao rei a cambio de case nada.

20 horas | Monicreques. Presentación do libro do poeta Xosé Manuel Costas

21.30 horas | Caso 315

14 de abril

12.30 horas | O recuncho dos contos

O recuncho dos contos Pinga TeatroO Recuncho dos contos é un espectáculo para espertar nos nenos o gusto pola lectura e os contos e encamiñalos cara ao mundo da creatividade. Pinga Teatro busca cos seus contos fomentar o respecto ao medio ambiente, a convivencia, a cooperación, a amistade, a solidariedade, e a igualdade e o respecto. Mediante contos, xogos e cancións a contacontos interactuará co público asistente.

20.30 horas | Hámster de Santiago Cortegoso de Cia Triatreros

 

Prezos: bono 2 – 8% | bono familiar – 6 € | bono 5 – 16€ | entrada xeral – 5 e 6 € | entrada familiar – 3,5€

Multiusos da Xunqueira en Redondela Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.