Mostra de Teatro en Cangas 2013

Mostra de Teatro en Cangas 2013

mostra de teatro de cangas 2013A Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas é unha mostra teatral na que poderedes disfrutar de espectáculos teatrais actuais e de calidade procedentes de todos os lugares do mundo. Nesta mostra hai espazo para os máis pequenos e aquí destacamos a obras dirixidas a eles, pero podedes consultar o programa completo na súa web.

Bon Appétit

Unha comedia de Teatro dos Ghazafhellos onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso…

30 de xuño | 20.30 horas | Palco das Naves de Ojea

Kafka e a boneca viaxeira

Cativounos esta historia baseada nun feito real, na que o casual e sorprendente encontro entre Franz Kafka, xa adulto, e Elsie, unha nena de tan só cinco anos, nos falaba da habilidade reparadora da ficción, de como a capacidade de fabular e imaxinar é o alimento da alma humana.

1 de xullo | 21 horas | Auditorio Municipal de Cangas

O refugallo

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo), e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven no refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira.

2 de xullo | 21 horas | Auditorio Municipal de Cangas

 Alegrativo en comprimidos

Ale Risorio é un clown mordaz e irreverente, mestre da parvada cuxo personaxe sutilmente delineado con imaxe e son cartoon logra cativar o máis esixente. No seu espectáculo interpreta dende un gran mestre Samurái ata un particular Peter Pan, durante 50 minutos nos que provoca un mar de alegría, suspenso e emoción. O espectador convértese no protagonista das sorprendentes situacións cómicas que este personaxe crea e non nunha simple testemuña da historia.

3 de xullo | 20.30 horas | Xardíns do Sinal

Mono a mono B

Mono A Mono B é un espectáculo indescritible, con dous monos como protagonistas e os seus sketch persoais, que xunto ao seu peculiar medio de transporte, un Mini con moitas utilidades, consegue levar o espectáculo a un ritmo frenético. Humor, acrobacias e malabar son só unha pequena parte deste circo animal.

4 de xullo | 20.30 horas | Xardíns do Sinal

Non te cortes coa ópera

Soprano lixeira ofrécese en plena rúa. Non é o Barbeiro de Sevilla nin canta a Rossini pero se o que queres é un corte de puntas irá moi ben cantando a Caccini, Monteverdi, Bach, Mozart… no seu repertorio incluso o belcanto de Bellini. Acéptanse tamén peticións para arranxar barbas, patillas e facer bucles.

6 de xullo | 12.30 horas | Eirado do Sinal

Xardíns do Sinal en Cangas Como chegar

Auditorio Municipal de Cangas Como chegar

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.