Misión Balea: obradoiros infantís para familias
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) organiza durante as fins de semana obradoiros infantís para familias en torno á exposición A Balea Negra. Trátase dun proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra.
Dirixidos a: nen@s a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos
Duración: 2 horas
Dende o 13 de outubro ao 31 de marzo | de 12 a 14 horas
MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO (MARCO) Como chegar
Inscrición: Entrada libre ata completar aforo