Mes das letras no Grove

Mes das letras na Biblioteca Municipal do Grove

O AviadorA Biblioteca Municipal do Grove contará coa presenza de Elefante EleganteO aviador é un contacontos no que a narración oral ven acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a música, a xestualidade e a plasticidade do dispositivo escénico, creando un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolve a obra. É a historia do encontro dun aviador cun Moucho que, coma todos os mouchos, lle gusta mais a noite que o día. Cando escurece, síntese mellor que nunca. Voa de un lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao amencer, enchese de tristura. Por que sae o sol? Por qué a calma e a escuridade teñen que desaparecer para darlle lugar ao día? O Aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho, pero será posible vivir nun mundo sen sol?

Dirixido a: público infantil e familiar

16 de maio | 18 horas

Entrada libre 

Biblioteca Municipal do Grove Como chegar

Mes das letras

Día das Letras Galegas poderedes disfrutar a partir das 17 horas na Praza do Corgo das seguintes actividades e actuacións:

Feira do Libro a cargo da Asociación de Libreiros do Grove

Mesa informativa da  biblioteca e normalización lingüística. O persoal ofrecerá información e explicacións sobre os diferentes servizos e recursos, a forma que ten la cidadanía de poder acceder a eles, horarios…

Espectáculo de maxia

Encontros con Juan Sendino e Os Mequiños

Inchables para os nenos e nenas

Actuación das escolas de baile e gaita da Asociación Cantodorxo. Os diferentes grupos desta asociación interpretarán unha completa e variada mostra de baile galego

Actuación do Grupo As Brincadeiras da Asociación Cantodorxo

Praza do Corgo no Grove Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.