Merendando contos en Pontevedra

Volve o Salón do Libro a Pontevedra e comeza coa actividade Merendando Contos nas librerías. Diferentes librerías da cidade recibirán a visita de contacontos e da mascota Orbil. Este é o programa de actividades:

Xarope Tulú e EstrafalariaAlicia collera por costume escorregar por calqueira buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose.  A Carlota, derálle por escoller o seu camiño e embarcarse en aventuras emocionantes que nada tiñan que ver coas dunha princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Mais eu sempre pensei que iso de ser estraña é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?

  • 28 de febreiro | 18 horas
  • Libraría Pataka Frita (Rúa José Adrío Barreiro, 3)

 

Os ratiños da caixa de Trinke Trinke.  O Rato Fuco trae á nunha caixa os tres ratiños mais novos de Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e tenos que coidar, pero non é doado!. A contada estará inspirada en Contos de ratiños e  Arnold Lobel (Kalandraka, 1999) e Sopa de rato de Arnold Lobel (Kalandraka, 2004).

  • 2 de marzo | 18 horas
  • Estrellas o limones (Marqués de Aranda, 3)

 

A voz de Bea Campos e a música de Davide Gonzalez darán vida a ‘Un mundo cheo de contos’. Divertida sesión na que se integran música en directo, literatura infantil e expresión dramática. Un mundo de sementes máxicas, árbores xenerosas e nenas curiosas.  Un espazo onde  gozar en familia de historias para coidar da terra e das persoas que habitan nela.

  • 3 de marzo | 18 horas
  • Libraría D-Lectum (Rúa Rosalía de Castro, 14)

 

 

O Carballo con Botas e Os libros son os ximnasios da imaxinación. Cada vez que lemos un conto, cada vez que escoitamos unha historia, a nosa imaxinación ponse chandal e zapatillas deportivas e empeza a facer ximnasia. Imos facer con estas historias un pouco de ximnasia ca imaxinacion (podedes traer chandal e zapatillas)…

  • 4 de marzo | 18 horas
  • Libraría Nobel (Rúa Cobián Roffignac, 1)

 

Contos que deixan pegada de Pavís Pavós. É unha sesión de contos tradicionais e de autor baseada na palabra e contando nalgún caso co apoio do libro Historias que farán reflexionar sobre o mundo que queremos e deixarán unha pegada en quen as escoite. 

  • 6 de marzo | 18 horas
  • Libraría Aviones de Papel (Rúa Andrés Mellado, 7) 

 

 

Vén a Conto de Raquel Queizás. “Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores”

  • 7 de marzo | 18 horas
  • Libraría Cronopios (Rúa Frei Xoán de Navarrete, 5)

 

Andrea Bayer e Un mundo redondo para contar contos. Para mudar o mundo  é preciso escoitar historias e contos de aquí e de máis alá, historias de animais pequenos con grandes desexos, contos de viaxes sen equipaxes. Andrea ea, ea, ea será quen de levarnos de viaxe sen movernos do sitio a lugares lonxanos e non tan afastados.

  • 8 de marzo | 18 horas
  • Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29)

 

 

Periplo Atántico de Polo Correo do Vento é unha interpretación moi libre do “Panchito” de Castelao e narrará as aventuras dun pingüín galego que viaxa á Antártida. Como vén sendo habitual, irá acompañado dun obradoiro de debuxo.

  • 9 de marzo | 18 horas
  • Libraría Seijas (Av. de Vigo, 13)

 

Un anaquiño do precioso cartel do Salón do Libro 2017, deseñado por Alba Blanco


Escribe un comentario