O mago Martín Varela en Pontevedra
É cousa de maxia: 15 ilusións para unha noite é o espectáculo que presenta o ilusionista Martín Varela en Pontevedra. Un espectáculo intenso e arrebatador onde os soños, a comunicación, as sorpresas e as emocións aparecerán como por arte de encantamento. É un espazo onde poderás atrapar estrelas. É un encontro cun ilusionista, cun soñador ou cun poeta das ilusións que nos trae unha mensaxe de esperanza: o futuro é de todos aqueles que cren na maxia.
Dirixido a: Todos os públicos
29 de decembro | 18.30 horas
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA Como chegar
Prezo da entrada: 3 €